
A Xunta de Galicia apoia a terceira edición do Fest Clásico Ribeira Sacra, que terá lugar entre o 22 e o 29 de agosto. O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, participou hoxe na presentación do Fest Clásico Ribeira Sacra que contempla catro concertos en diferentes espazos singulares da Ribeira Sacra e a entrega do Premio Galimusic.
Na súa intervención, o representante da Xunta de Galicia subliñou a singularidade da proposta do Fest Clásico Ribeira Sacra, ademais do espectacular enclave no que se leva a cabo, para a promoción de Galicia como destino musical baixo criterios de calidade e sustentabilidade social e medioambiental.
Gabriel Alén resaltou que hai poucos lugares mellores para acoller o Festival, que na contorna da Ribeira Sacra. Un lugar hospitalario, integrador e solidario. Aberto a todos e todas, e no que todas e todos sexamos protagonistas deste Xacobeo, diferente, especialmente difícil, maiormente humano e esperanzador. Así é a Ribeira Sacra un dos espazos máis emblemáticos que incide especialmente nos valores da paisaxe e da cultura.
Esta iniciativa ademais do apoio da Xunta de Galicia, conta co apoio das deputacións de Lugo e Ourense, o Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, o Consorcio Local Os Peares, os concellos da Ribeira Sacra, o Bispado de Ourense e de Lugo, as empresas Naturgy, Galimusic, Galletas Daveiga, Gadis, Caixa Rural Gallega, Bodegas Regina Viarum e o Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil.
O festival inclúe cinco concertos e a entrega do Premio Galimusic, o primeiro terá lugar o 22 de agosto ás 19,30 horas no Consorcio Local Os Peares con Alejandro Gómez e Miguel Ángel Ortega Chavaldas, o segundo terá lugar o 27 de agosto ás 19,30 horas no Mosteiro do Divino Salvador de Ferreira de Pantón, denominado Nacionalismo: Folclore e Tradición, o seguinte terá lugar o 28 de agosto ás 19,00 horas na Igrexa do Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, co concerto A onde as negras ramas se estenden e por último, o 29 de agosto no Consorcio Local dos Peares, ás 12 horas hai o concerto e final do Premio Galimusic e ás 19,30 horas no auditorio Municipal de Monforte de Lemos hai a clausura e un concerto patrocinado por Naturgy.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.