
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o do CDG, Fran Núñez, participaron esta mañá no campo de fútbol do Villestro (Roxos) na presentación da obra xunto ao equipo artístico e de produción deste novo proxecto que abre a temporada escénica 2022-2023 da compañía institucional galega. Pisaron tamén o céspede Asorey, Prieto e Carretero, así como o representante de Ainé Álvaro Pérez Becerra e o elenco, formado por seis intérpretes: Xosé A. Touriñán,, Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta
Proposta lúdica e crítica
Recortes, caneos e outros formas de driblar, que permanecerá no Salón Teatro de Santiago de Compostela ata o 23 de outubro para logo xirar ata febreiro por outros escenarios. aborda o fútbol dende múltiples perspectivas. Así, achegará a través dun de tantos partidos un retrato escénico dosprotagonistas, dos secundarios e mais dos figurantes que participan no grande espectáculo futbolístico: xogadores, adestradores, xornalistas, árbitros, directivos e seareiros.
A peza propón desde a escena un traxecto lúdico, crítico e musical polo complexo mundo que arrodea a este gran deporte de masas, no que conflúen emocións individuais e sentimentos colectivos de pertenza, mais tamén todo tipo de intereses: económicos, deportivos, sociais, televisivos, etc. Un traxecto que percorrerá este deporte polo dereito e polo envés, xa que se achegará unha visión en conxunto da dimensión público e de todo aquilo que está lonxe dos focos: o que acontece nos vestiarios, o que se negocia nos despachos, o que se comenta nos palcos. Tamén, incluso, o que lle pasa pola cabeza aos protagonistas.
O equipo artístico deste espectáculo complétase con Vadim Yukhnevich ao cargo das composicións musicais, José Faro Coti asinando a escenografía, Laura Iturralde como responsable da iluminación e mais dos audiovisuais, Laura Baena á fronte do vestiario e Sara Rey na axudantía da dirección.
Calendario e venda de entradas
Recortes, caneos e outras formas de driblar ofrecerá representacións de mércores a domingo durante as case catro semanas que estará no Salón Teatro. Seguindo a política de accesibilidade para todos os públicos posta en marcha polo Centro Dramático, as funcións serán inclusivas, con apoio en lingua de signos e materias especiais para a súa percepción. Haberá tamén sesións descontraídas, que se desenvolven nunha atmosfera acolledora e con máis tolerancia ao ruído e ao movemento no patio de butacas, formuladas para aquelas persoas cunha especial sensibilidade ou con necesidades sensorias específicas para a escoita e mais a comunicación.
As entradas para Santiago de Compostela xa están a venda dende hoxe mesmo, a través da plataforma dixital Ataquilla.com e da web recortes.gal. No despacho de billetes do Salón Teatro, poderanse adquirir nos días das funcións dende dúas horas antes do seu inicio.
O primeiro destino da xira será Pazo da Cultura de Carballo para clausurar o Festival Internacional Outono de Teatro-FIOT o 31 de outubro, ao que seguirán o Auditorio Municipal de Ourense (4 e 5 de novembro), o Teatro AFundación de Vigo (11, 12 e 13 de novembro), o Pazo da Cultura de Narón (25 e 26 de novembro), o Auditorio Sede Afundación de Pontevedra (10 e 11 de decembro), o Auditorio Municipal dde Cangas (23 de decembro), a Casa da Cultura de Burela (7 e 8 de xaneiro), o Auditorio Gustavo Freire de Lugo (13 e 14 de xaneiro), o Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa (20 e 21 de xaneiro), o Teatro Colón da Coruña (26, 27 e 28 de xaneiro) e o Auditorio Municipal de Ferrol (3 e 4 de febreiro).
Tres producións na temporada
Esta montaxe do Centro Dramático Galego e Ainé Producións será o primeiro espectáculo que se estree durante a temporada 2022/2023 da unidade de produción teatral dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades. As outras dúas propostas son Shakespeare en Roma, con catro equipos de dirección, e Un hotel de primeira sobre o río, que leva a escena o texto de Xohana Torres codirixido por Gonçalo Guerreiro e María Torres.
Con este trío de producións, que representan un investimento superior aos 600.000 euros, contrataranse 18 intérpretes durante un novo período de actividade no que se continuará apostando pola pluralidade de estilos e formatos. A previsión é realizar 110 funcións en total, cun modelo de distribución diferente para cada montaxe, cos obxectivos de chegar á maior cantidade de público posible e de crear novas audiencias.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.