Buscador
Noticias
O Foro Celta é unha iniciativa de cooperación intercéltica creada en 2023 en Bretaña co obxectivo de establecer un marco estable de colaboración entre nacións e rexións do arco atlántico europeo con tradición celta. A súa primeira edición celebrouse en Rennes, onde se adoptou a Declaración de Rennes, que sentou as bases da cooperación en ámbitos como a cultura, a educación, a mocidade, a innovación e o desenvolvemento sostible. Os membros fundadores do Foro foron Galicia, Asturias, Bretaña, Cornualles, Escocia, Irlanda e Gales. Nesta segunda edición, celebrada en Glasgow, incorporouse tamén a Illa de Man, reforzando así unha rede que busca dar visibilidade á identidade celta común.
Galicia pechou xaneiro de 2026 con 115.144 persoas no paro, 6.176 menos que no mesmo mes de 2025, e 1.083.826 afiliacións á Seguridade Social, 16.737 cotizantes máis en relación con xaneiro do ano pasado. Así o destacou hoxe o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, durante a valoración dos datos de paro e de afiliacións, que en ambos casos son os mellores para un mes de xaneiro desde que hai rexistros. En relación coa evolución anual, a baixada no desemprego supón algo máis do 5%. Ademais, o paro tamén se reduce nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade, liderando a baixada a construción (-9,81%), seguida do sector primario (-9,39%), da industria (-7,62%) e, por último, dos servizos (-4,08%).
Galicia supera por segundo ano consecutivo os 8 millóns de turistas aloxados en establecementos da comunidade. Segundo os datos feito públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística referentes a establecementos extra hoteleiros, o número de visitantes en 2025 pechouse cun rexistro global de 8,8 millóns de persoas, isto é un 7,3% máis que no ano 2024, cano do se rexistraron 8,2 millóns de turistas. Deste total, 7,3 millóns de visitantes aloxáronse en establecementos hoteleiros e extrahoteleiros de Galicia, rexistrando un incremento do 2,4%. O número de noites superou os 13,5 millóns, un 2% máis que en 2024.
A Filmoteca de Galicia dedica en febreiro o eixo principal da súa carteleira na sala José Sellier ao ciclo Hiroshi Shimizu, o arte de perderse, realizado en colaboración coa Fundación Xapón, ao tempo que programa o inicio do especial sobre as colaboración entre Béla Tarr e László Krasznahorkai. Outras citas importantes da súa actividade mensual serán a visita de José Luis Guerin dentro da conmemoración dos 20 anos de Cinema en curso e co seu filme Historias del buen valle. A actividade prevista, que conforma o programa número 300 do centro, complétase coa segunda entrega de Territorios mutantes.
« Anterior | 1 de 1 | Siguiente »