
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe Ante a Lei, a nova exposición do Centro Galego de Arte Contemporánea que quedará inaugurada esta tarde e na que se exhiben as obras más recentes do artista catalán Lluís Hortalà.
Tal e como explicou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, esta é unha das 70 propostas incluídas no programa As exposicións de 2026 como motor cultural da Galicia Calidade coas que a Xunta de Galicia busca fomentar o acceso á cultura e contribuír á formación da cidadanía. Con Ante a Lei ofrecemos unha nova posibilidade para que tanto a sociedade galega como a xente que nos visita se acheguen a este gran referente cultural e turístico que é o Centro Galego de Arte Contemporánea, apuntou Anxo M. Lorenzo.
Así, a mostra que se pode visitar desde hoxe ata o 31 de maio no centro cultural de Santiago de Compostela reflicte, segundo apuntou o director xeral, a pintura realista ata o extremo e o universo kafkiano do artista Lluís Hortalà. Trátase, engadiu, dunha instalación ideada por capítulos na que cada un deles anuncia e enlaza sucesivamente co seguinte ata trazar un itinerario cronolóxico que convida a inmersión e a reflexión. Deste xeito, o percorrido permite coñecer algúns dos seus últimos traballos, incluíndo os creados ex profeso para o Centro Galego de Arte Contemporánea.
Pintura realista ata o extremo e riqueza de linguaxes
Con respecto da obra de Hortalà, o director xeral de Cultura salientou o uso que fai da forza simbólica que posúe a arquitectura á hora de construír o relato expositivo, ao tempo que enxalzou a habilidade que posúe para levar a pintura realista ata o extremo, capaz de reproducir visualmente o tacto e mesmo, en ocasións, a temperatura fría da arquitectura, enxalzou.
Do mesmo xeito, salientou a ironía que está presente en moitas das pezas desta obra, ao tempo que puxo en valor o xogo sobre as aparencias ou a réplica da realidade coa que traballa, onde recorre ao espellismo, a ilusión óptica ou a imitación e o artificio, precisou. Ademais, tamén gabou a súa riqueza de linguaxes, que van desde a pintura escultórica, ao debuxo fotográfico sen empregar nunca a fotografía ata a imaxe en movemento.
Sobre Lluís Hortalà
Hortalà estudou na Escola de Artes e Oficios de Olot e na de Belas Artes de Sant Jordi de Barcelona. Os seus inicios como artista estiveron marcados pola produción escultórica. Tras instalarse en Londres realizou diversas series de paisaxes imaxinarias e iniciou un ciclo de traballos baseados na súa experiencia como alpinista entre 1975 e 1982, período no que participou nunha expedición ao Everest. En 2012, mostrou unha importante selección destes traballos no Centro de Arte y Naturaleza, na Fundación Beulas de Huesca e, en 2015, presentou a exposición Les Temptacions no Museu de Montserrat.
Entre 2014 e 2015 estudou técnicas de pintura antiga, imitación de mármores e madeira, baseadas en procedementos de trompe loeil, na academia Van der Kelen-Logelain de Bruxelas. A partir de entón, desenvolveu diversas series que, tomando en consideración a arquitectura e a ornamentación, propoñían unha visión crítica. Estas investigacións adoptaron xeralmente a forma de instalacións, que teñen sido exhibidas en espazos como o Museo Nacional Thyssen-Bornemisza de Madrid ou a Fundació Vila Casas de Barcelona.
A súa obra forma parte de numerosas coleccións públicas e privadas, entre elas as do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid ou Museu dArt Contemporani de Barcelona.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.