Archivo (7 del 2024)

Buscador

Noticias

O ciclo de espectáculos do Verán en Familia da Cidade da Cultura chega ao seu ecuador este mércores con Viva o Pop!, un concerto especial no que cativada e maiores bailarán ao ritmo dos grandes éxitos dos 80 e 90. Máis de 1.200 persoas asistiron xa ás actuacións musicais e de circo programadas neste ciclo, impulsado pola Xunta de Galicia dentro da campaña de actividades de estío para todos os públicos, CulturON. Viva o Pop! é un concerto a través do que rememorar a música que marcou a adolescencia de pais e nais cos máis pequenos da casa. Unha proposta de ocio da compañía Rock en Familia na que persoas de todas as idades poden vivir a experiencia da música en directo, ao tempo que descobren a historia das cancións dalgúns dos artistas e grupos máis relevantes da música pop contemporánea.
A Xunta reclama unha maior claridade e transparencia en relación coas fórmulas de distribución dos fondos de formación para as políticas activas de emprego de cara a 2025, financiadas con recursos do Estado, así como unha menor inxerencia do Goberno na aplicación de ditos fondos. Así o reiterou esta tarde o conselleiro do Emprego, Comercio e Emigración, José González, no marco da Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais do Ministerio de Traballo e Economía Social, na que participou por videoconferencia.
Un total de 40 empresas de sete comunidades autónomas presentaron propostas innovadoras para despregar o proxecto EdugalIA, a iniciativa pioneira da Xunta de Galicia para incorporar a intelixencia artificial na xestión educativa. Así o explicaron a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, esta mañá na xornada EdugalIA: o reto de transitar cara unha xestión do sistema educativo informada pola evidencia, na que se expuxeron os resultados da consulta preliminar ao mercado deste proxecto, un proceso aberto o pasado mes de setembro.
Despois dunha longa temporada sen novas creacións, Sólodos, a compañía de Maruxa Salas e Erick Jiménez, presenta Mover cenizas, unha peza de rúa cunha duración de 20 minutos inspirada nos incendios que asolaron Ourense en 2006 e que deixaron unha profunda pegada na coreógrafa. A compañía retoma un tema xa tratado en Vacuo, primeira produción propia do Centro Coregráfico Galego estreada en xaneiro do 2007. Para este novo espectáculo, cóntase coa asistencia do coreógrafo catalán Arnau Pérez de la Fuente e a composición musical do ourensán John Axiom.
A Xunta convocou tres liñas de axudas para a mellora da eficiencia enerxética en vivendas, en edificios de vivendas e para a elaboración do libro do edificio e a redacción de proxectos de rehabilitación por un orzamento global de 34.140.439 euros. Ata o vindeiro 13 de setembro, salvo esgotamento do crédito dispoñible, os interesados poderán presentar as súas solicitudes para optar a estas subvencións, que se financian con fondos europeos do programa Next Generation UE e foron convocadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo por primeira vez no 2022.
Os produtos do mar de Galicia seguen percorrendo, un ano máis, a nosa comunidade grazas á campaña GALICIA SABE AMAR, respaldada pola Xunta de Galicia e polas empresas galegas do sector, e adaptándose ás demandas dos consumidores, para poñer en valor a calidade de peixes e mariscos galegos (frescos, conxelados, en conserva ou en calquera outra presentación) e o traballo dos profesionais. Este labor vese complementado coa participación en feiras de alimentación nacionais e internacionais para promover as exportacións dos produtos do mar galegos, que seguen batendo récords.
O Atlantic Fest terá lugar o 19 e 21 de xullo e contará coas actuacións xa o mesmo venres dos artistas Carlos Ares, The Parrots, Alcalá Norte, Rocío Saiz, Gazella e Grande Osso. O sábado 20 están previstas as actuacións dos Planetas, Crystal Fighters, Sílvia Pérez Cruz, Carlos Sadness, Derby Motoreta's Burrito Kachimba, Depedro, Cariño, Luis Fercán, Florent e Eu e Dani Dicostas. O domingo, último día do festival, actuarán Mika, Sidonie, Elefantes, Andrés Suárez, As Dianas, Grande Osso e Rocío Saiz. A pasada edición do Atlantic Fest obtivo unhas cifras de 30.000 asistentes, 300 postos de traballo creados de forma directa, e máis de 100 empresas involucradas na organización e realización do festival.
Celebrouse hoxe en Meaño o acto de presentación da aceleradora de proxectos Xerme Ecommerce, o primeiro programa de formación para o emprendemento no ecommerce desenvolvido ao abeiro da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, no que se botará man de profesionais en activo do mundo do comercio electrónico para que un total de 23 iniciativas -a maioría vencelladas á Rede- aprendan a lanzar, xestionar e rendibilizar os seus negocios en liña. As novas tecnoloxías marcan novos retos cada día, especialmente para as pequenas e medianas empresas que representan a meirande parte da economía galega, pero tamén inmensas posibilidades de crecemento.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe o compromiso do Goberno galego de duplicar o parque de vivendas de promoción pública nesta lexislatura: 'Acabamos de crear unha consellería de Vivenda específica. Esa conselleira xa conseguiu, coa colaboración de toda a Xunta de Galicia, ter xa en execución 400 vivendas en 100 días. E imos a polas 4000', salientou. Neste sentido, valorou os avances feitos nestes últimos anos, xa que desde o ano 2009 adxudicáronse máis de 4680 vivendas de promoción pública. Destas, 2403 son de nova construción ou recén rehabilitadas e 2281 de segundas adxudicacións.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta mañá que Galicia lidera o proxecto 'SMARTZ4MILK Cadea de Valor Láctea Intelixente, Trazable, Sostible e Conectada' -no que colaboran outras catro comunidades- para a modernización e mellora da sustentabilidade do sector lácteo. Durante a presentación desta iniciativa -promovida polo Clúster Alimentario de Galicia e no que participan empresas tecnolóxicas, da industria láctea e universidades-, o presidente salientou a importancia de sumar 'esforzos' para que o sector primario 'pegue un salto fundamental' e aproveite as oportunidades que dan as novas tecnoloxías. 'Sen perder a súa esencia e a súa tradición que é un tesouro', o sector non pode deixar escapar 'o tren do futuro', indicou Rueda.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2025 (168)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES