Archivo (11 del 2024)

Buscador

Noticias

Celebrouse un acto divulgativo sobre o desenvolvemento dun corredor tecnolóxico transfronteirizo de mobilidade de hidróxeno renovable no que colabora o Goberno galego. O obxectivo desta iniciativa que leva por nome Hi MOV é o de impulsar en Galicia e Portugal unha cadea de valor arredor do hidróxeno verde. O acto tivo lugar nas instalacións do Cetmar en Vigo e serviu para que os socios do proxecto compartiran experiencias e propostas. Participan no proxecto o CTAG (Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia), outros tres centros tecnolóxicos como EnergyLab, PIEP e CEiiA, e as universidades de Santiago de Compostela, Minho e Porto.
O Proxecto Xenoma Galicia botará a andar a vindeira semana co envío de SMS de citación a 2.000 persoas no marco da fase piloto. Trátase dun conxunto de cidadáns seleccionados para conformar unha mostra representativa da poboación galega na súa diversidade, contando con persoas dos dous sexos, de diferentes franxas de idade e residentes en distintas contornas, tanto rurais como urbanas. Logo desas citacións, no mes de decembro, procederase á toma de mostras de sangue do primeiro grupo de 1.000 participantes, nun proceso que se desenvolverá de xeito simultáneo nos 14 hospitais da rede do Servizo Galego de Saúde.
Alfonso Villares e Costas Kadis intercambiaron impresións sobre a situación actual do sector no continente así como da frota galega. O responsable autonómico destacou a necesidade de avanzar no level playing field para que as frotas comunitarias operen en igualdade de condicións coas de terceiros países o que á súa vez permitiría reforzar a soberanía alimentaria do continente, en liña coa folla de ruta anunciada pola presidenta da Comisión Úrsula von der Leyen. O responsable autonómico manifestou o interese de afondar sobre estes e outros asuntos de interese para o sector pesqueiro da comunidade en vindeiras reunións.
O 92,5% dos galegos e galegas de entre 16 e 74 anos usan internet e o 53,6% comprou online nos últimos tres meses, 5,1 máis que o ano anterior e a só 3 puntos da media estatal. Tamén sobe a porcentaxe de persoas que vendeu por internet nun ultimo ano, que acada o 19,6%. Son datos publicados hoxe polo INE sobre os Fogares e as TIC, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que sinalan, tamén, que a totalidade de galegos e galegas de 16 a 34 anos empregan Internet por riba da media do Estado.
O Centro Dramático Galego participa na estrea en Coímbra de Frágua de amor, a última das novas coproducións previstas para este outono e impulsadas durante este 2024, coincidindo coa celebración 40º aniversario da compañía pública. Na liña de internacionalización que leva desenvolvendo a unidade teatral da Xunta nos últimos anos, a montaxe da peza deste clásico da literatura portuguesa verá a luz no Teatro Académico de Gil Vicente (TAGV), onde permanecerá en cartel ata o sábado día 16. Frágua de amor, de Gil Vicente, está coproducida polo Centro Dramático Galego xunto a seis estruturas culturais lusas: Escola da Noite-Grupo de Teatro de Coímbra, O Bando de Surunyo, Artway, Cendrev-Teatro García de Resende, Teatro Académico de Gil Vicente e Teatro Nacional São João.
Galicia sitúase líder de España en inglés e no nivel alto do mundo, tal e como o corrobora o estudo máis amplo a nivel internacional que cada ano realiza Education First (EF). Segundo os datos que veñen de facerse públicos hoxe, a comunidade autónoma galega obtén 564 puntos, o que a coloca no primeiro posto de España e 13 puntos por riba da segunda, que é Madrid (551 puntos), 18 puntos por riba de Cataluña (que está en cuarta posición con 546 puntos) e 19 máis ca País Vasco (en quinta posición con 545 puntos). Ademais, Galicia colócase no nivel alto da táboa entre os 116 países analizados por EF-EPI, fronte ao nivel medio no que se sitúa España con 538 puntos, e á que lle saca 26 puntos de vantaxe. Tamén está moi por riba (87 puntos máis) da media mundial de 477.
AveLina Pérez, Carlos Labraña e Andrea Cid Freire veñen de alzarse coas diferentes modalidades dos tres premios de literatura dramática que convoca bienalmente a Xunta de Galicia co obxectivo de servir de estímulo á creación literaria en galego no eido teatral. No caso de AveLina Pérez, obtivo o XXVII Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais coa obra Incidencia muller pedra, mentres que Carlos Labraña resultou dobremente galardoado ao conseguir o XIII Manuel María de literatura dramática infantil por O carteiro de Ximaraos e o XVI Barriga Verde para teatro de monicreques na modalidade de adultos por O Faro. O Barriga Verde na categoría de textos para público infantil é para Andrea Cid Freire por Manchea.
A campaña de vacinación da Xunta leva até o de agora inmunizados a 378.000 galegos fronte á gripe. O Sergas anima ao conxunto da poboación galega a vacinarse e, en especial, aos profesionais sanitarios e ás mulleres embarazadas, onde se rexistra unha taxa máis baixa de inmunización. As pautas do hemisferio sur e os seus patróns indican que este ano a gripe vén con máis forza, polo que se aconsella inmunizarse, sabendo que a vacinación é a ferramenta máis eficaz para previr a enfermidade. A cobertura de vacinación de gripe en persoas de 80 e máis anos rolda en Galicia o 76% (75,82%) e que a cobertura do grupo de idade de 65 e máis anos sitúase polo de agora no 42,5%.
A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia ten o obxectivo de promover 2.350 vivendas públicas ata el 2028, para conxuntamente coas impulsadas polo IGVS acadar o reto de chegar ás 4.000 novas vivendas protexidas nesta lexislatura. Neste sentido a Xunta ten xa máis de 1.600 vivendas en distintas fases de execución. Para este reto, a sociedade disporá do solo residencial actualmente titularidade de Xestur, de tal xeito que poderá iniciar a construción de vivendas de promoción pública de xeito inmediato. Ademais, disporá do solo obxecto de cesión polo IGVS ou polos concellos. Unha vez que sexan redactados os proxectos de edificación correspondentes, executará as obras e entregará as vivendas aos adxudicatarios.
Incorpóranse a adrenoleucodistrofia ligada ao cromosoma X (X-ALD), a mucopolisacaridiose tipo I (MPS I) e a enfermidade de almacenamento de glicóxeno tipo II (Pompe) para poder diagnosticalas e comezar os tratamentos antes de que os síntomas sexan clinicamente evidentes. En particular, a adrenoleucodistrofia ligada ao cromosoma X (X-ALD), cunha prevalencia de 1 caso por cada 17.000 nacementos, pode provocar déficits neuropsiquiátricos e insuficiencia suprarrenal. A mucopolisacaridiose tipo I (MPS I), cuxa prevalencia se estima en 1 caso por cada 50.000 nacementos, pode provocar discapacidade intelectual grave e, sen tratamento, os pacientes falecen antes da primeira década de vida.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2025 (171)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES