Archivo (6 del 2022)

Buscador

Noticias

Tivo lugar o Consello Consultivo de Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios no que se realizou un debate previo ao próximo Consello de Ministros de Pesca da UE, onde se abordará a comunicación da Comisión Europea en relación coas orientacións para a fixación das posibilidades de pesca para 2023. Nel Galicia defendeu a necesidade de que o próximo exercicio se incrementen as posibilidades de pesca das principais especies que captura a frota galega en augas comunitarias despois de varios anos de recortes. A propia Comisión Europea recoñece os avances rexistrados no estado das poboacións de peixes en augas comunitarias, especialmente no Atlántico Noreste onde a maioría das especies se atopan en niveis de rendemento máximo sustentable.
Foi presentado o Foro de Identidades e Disidencias Sexuais, un espazo pioneiro que permitirá actualizar a información sobre as necesidades das persoas LGTBI para darlles unha resposta axeitada -mediante os recursos e servizos que poidan demandar- e previr as condutas violentas contra o colectivo, co obxectivo de avanzar para lograr unha sociedade en igualdade de condicións e de oportunidades para todas elas. O traballo do Foro concluirá o vindeiro ano coa presentación dos resultados e dunha guía práctica que axudará a orientar actuacións e medidas para lograr a plena igualdade e a non discriminación das persoas LGTBI.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.065 deles 1.695 son da área da Coruña, 850 da de Lugo, 1.137 da de Ourense, 850 da de Pontevedra, 1.622 da área de Vigo, 1.470 da de Santiago e 435 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 23 están en UCI, 439 en unidades de hospitalización e 7.603 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 609.617 persoas curadas, rexistrándose 3.521 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.909.385. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.664.877.
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) afonda na memoria dos lugares e das súas formas de ocupación coa mostra Nalgures, da australiana Narelle Jubelin. Esta iniciativa procura un achegamento ao contexto galego, coa incorporación de fotografías da catalana Anna Turbau realizadas a finais dos anos 70 e que reflicten o territorio, a memoria e a identidade dunha Galicia en tránsito. A artista inclúe por primeira vez nunha exposición outras creacións artísticas, como as imaxes mencionadas ou pezas descatalogadas de Cerámicas do Castro e de Sargadelos, algunhas pertencentes ao Laboratorio de Formas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.003 deles 1.919 son da área da Coruña, 951 da de Lugo, 1.278 da de Ourense, 970 da de Pontevedra, 1.824 da área de Vigo, 1.522 da de Santiago e 529 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 20 están en UCI, 414 en unidades de hospitalización e 8.569 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 606.910 persoas curadas, rexistrándose 3.514 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.906.979. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.662.916.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello da Xunta acordou hoxe autorizar a subscrición dos convenios entre a Axencia Galega da Innovación (Gain), o Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Cesga) e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para poñer en marcha o programa de comunicación cuántica e, deste xeito, seguir avanzando no Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia. Cun orzamento de 9,6 millóns de euros, o obxectivo é mellorar a confidencialidade e seguridade das comunicacións a través de sete liñas de traballo.
Galicia pechou o mes de maio con 146.120 persoas sen emprego, a menor cifra nun mes de maio de toda a serie histórica (1996) e tamén a máis baixa desde setembro de 2007, cando se rexistraron na comunidade autónoma 140.960 parados. Ademais, o número de persoas sen emprego sitúase por debaixo das 150.000 persoas por primeira vez desde 2008 (en xullo dese ano houbo 149.318 persoas desempregadas). En canto ao paro, con respecto ao inicio da pandemia (febreiro 2020), o desemprego reduciuse na comunidade galega nun -12,10% fronte ao -9,95% do Estado. O desempregou caeu na evolución anual e mensual e nas principais variables: en todos os sectores de actividade, nas catro provincias e nas sete grandes cidades.
Inaugurouse a terceira reunión do ano da Comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR), que se celebra en Santiago de Compostela. Esta é a segunda vez que Galicia acolle unha reunión externa deste órgano comunitario, que nesta ocasión reúne a máis de 70 representantes locais e rexionais, entre os que se atopan os presidentes doutras rexións europeas como A Puglia (Italia), Kuyavia-Pomerania (Polonia) ou Bretaña (Francia).
« Anterior | 5  de  5 | Siguiente »

Archivo

2025 (186)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES