
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe por videoconferencia no Consello Consultivo de Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios no que se realizou un debate previo ao próximo Consello de Ministros de Pesca da UE, onde se abordará a comunicación da Comisión Europea en relación coas orientacións para a fixación das posibilidades de pesca para 2023. Nel a titular de Mar defendeu a necesidade de que o próximo exercicio se incrementen as posibilidades de pesca das principais especies que captura a frota galega en augas comunitarias despois de varios anos de recortes.
A representante da Xunta lembrou que a propia Comisión Europea recoñece os avances rexistrados no estado das poboacións de peixes en augas comunitarias, especialmente no Atlántico Noreste -as augas nas que faena a frota galega-, onde a maioría das especies se atopan en niveis de rendemento máximo sustentable (RMS), é dicir, o nivel óptimo de capturas que permite manter a actividade a futuro sen danar o recurso.
Por iso, a titular de Mar defendeu a necesidade de reverter a situación e poñer fin a varios anos de recortes nas posibilidades de pesca, o que complicou a actividade do sector pois coincidiu con outras cuestións como a pandemia pola covid-19, o encarecemento da enerxía e das materias primas ou a guerra en Ucraína.
Rosa Quintana incidiu en que ata o comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virjinijus Sinkevicius, recoñece a boa evolución dos stocks e a concienciación do sector pesqueiro na conservación das especies, polo que asegurou que é o momento de, tal como recolle a Política Pesqueira Común (PPC), ter en conta os aspectos socioeconómicos e non unicamente os medioambientais na xestión das pesqueiras.
Neste sentido, a representante da Xunta salientou o importante esforzo que está a facer a frota pesqueira para manter a actividade malia o encarecemento dos combustibles -o que complica a súa rendibilidade- e subministrar alimentos de calidade á cidadanía como xa fixo durante a alerta sanitaria polo coronavirus. O incremento das posibilidades de pesca, indicou, contribuiría a facilitar o labor do sector tras varios anos con importantes atrancos polo descenso de cotas e pola incidencia doutros factores alleos á actividade pesqueira.
Na mesma liña, Rosa Quintana pediu que as institucións comunitarias actúen con celeridade para habilitar apoios adicionais ao sector ao abeiro dos recursos non empregados do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), unha cuestión que Bruxelas xa aprobou pero que agora está pendente do visto bo da Eurocámara e do Consello Europeo.
Situación da PPC
O Consello Consultivo de Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios tamén serviu para analizar a situación da Política Pesqueira Común, sobre a que a conselleira expuxo a transcendencia de introducir melloras para atender axeitadamente as necesidades e a realidade do sector pesqueiro galego e español. Neste sentido, Galicia xa conta co ditame do Consello Galego de Pesca que recolle a súa estratexia de cara á análise do funcionamento da PPC e posibles vías para afrontar os retos futuros da actividade pesqueira a nivel europeo e global.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.