Archivo (11 del 2022)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.741, deles 340 son da área da Coruña, 210 da de Lugo, 351 da de Ourense, 180 da de Pontevedra, 235 da área de Vigo, 259 da de Santiago e 164 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 153 en unidades de hospitalización e 1.578 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 678.558 persoas curadas, rexistrándose 3.948 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.997.664. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.372.881
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, participou hoxe na reunión da Oficina Técnica da Seca, na que se constatou unha melloría xeneralizada con respecto á ultima xuntanza, que foi o 20 de outubro. Segundo o Plan de seca de Galicia-Costa, a situación avalíase, dunha banda, en función das precipitacións rexistradas e, doutra banda, en función das reservas de auga dispoñibles para o abastecemento.
O conselleiro do Medio Rural, José González, anunciou esta tarde no Parlamento que, a partires do ano 2023, dous terzos dos compoñentes do Servizo de prevención e extinción de incendios forestais da Xunta traballarán todo o ano, xa que todos os postos de traballo de nove meses vanse pasar a doce meses. Así mesmo, indicou que está en marcha un proceso de funcionarización para que moitos deles poidan adquirir a condición de funcionario. Unhas novas que trasladou no marco da súa comparecencia, a petición propia, para dar conta do balance da campaña de incendios de 2022 e informar dun paquete de 20 medidas para facer fronte a esta lacra.
Ao longo de 2021 retomouse a tendencia crecente da actividade emprendedora en Galicia, que quedara en suspenso durante a pandemia, e que o ano pasado resistiu a crise sanitaria, evitando o peche de iniciativas emprendedoras e mantendo as xa consolidadas, 'malia que todos os indicadores deben observarse con certa prudencia'. O 27% da poboación galega percibe a existencia de oportunidades para emprender e o 51% considera que ten coñecementos e habilidades para facelo. Estas porcentaxes correspondentes ao ano 2021, indican 'que se recuperou parte da confianza para emprender (aínda que esta aínda se sitúa por baixo da observada nos ámbitos estatal e internacional) e que se mantén a autoconfianza nas capacidades propias para emprender (con valores similares aos observados nos eidos estatal e internacional)', matiza o informe.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, remarcou nas XVI Xornadas CIBER-BBN, de Biomedicina, Biomateriais e Nanomedicina, a importante capacidade investigadora sanitaria coa que conta Galicia, ao situarse como a cuarta comunidade autónoma con maior número de institutos acreditados. O Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña acolleu por primeira vez as xornadas anuais do CIBER-BBN, referente da investigación e innovación tecnolóxica a nivel nacional e internacional. O Ciber de Bioenxeñaría, Biomateriais e Nanomedicina CIBER-BBN, é un dos 13 grupos que conforman o Centro de Investigación Biomédica en Rede de España, un consorcio que conta con os máis de 5.000 investigadores.
O novo centro de Protonterapia en Galicia situará á nosa comunidade na vangarda en novos tratamentos contra o cancro e que aspira a ser o primeiro do sistema sanitario público español. Estará emprazado en Santiago de Compostela, e Galicia aspira a ser pioneira en ofrecelo a pacientes da sanidade pública, tanto aos galegos como aos de Castela e León e, previsiblemente, os de Asturias. Neste momento só dous centros privados de España (grupo Quirón Saúde e centro CUN en Madrid) ofrecen esta terapia, e Galicia será o primeiro servizo público en ofrecer este tratamento.
O presidente do Goberno galego asegurou que Galicia conta co ecosistema innovador, o talento e a vontade para acoller a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial. No acto de presentación da candidatura galega, Rueda recordou que Galicia conta co apoio de máis de 70 organismos e empresas cun rico sistema de innovación tecnolóxica no que prestan servizo máis de 50 firmas, o 80% delas, galegas. A Comunidade, ademais, conta desde hai máis dun ano cunha Estratexia para o desenvolvemento da intelixencia artificial e quere ser pioneira acollendo a sede da primeira axencia europea encargada de velar pola implantación das normas que van lexislar e regular o uso dos datos masivos, o dereito á intimidade das persoas ou o impacto das máquinas na sociedade.
A mostra, que se poderá ver durante todo o mes de novembro no museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela, recolle as postais realizadas no Camiño de Inverno polo ilustrador galego Miguelanxo Prado e a xornalista visual norteamericana Rita Sabler. No proxecto 'Camiñamos para parar', durante nove días de setembro, os dous artistas percorreron o Camiño de inverno, dende O Barco de Valdeorras ata Santiago. Armados coas súas acuarelas e papel, reflectiron nunhas ilustracións en forma de postais todo aquilo que lles chamou a atención durante a súa peregrinación, desde igrexas e edificios singulares ata pequenos detalles da paisaxe e da xente.
Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.101, deles 394 son da área da Coruña, 242 da de Lugo, 403 da de Ourense, 231 da de Pontevedra, 300 da área de Vigo, 321 da de Santiago e 208 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 9 están en UCI, 175 en unidades de hospitalización e 1.917 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 677.722 persoas curadas, rexistrándose 3.941 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.995.703. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.372.881
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.955, deles 395 son da área da Coruña, 236 da de Lugo, 365 da de Ourense, 204 da de Pontevedra, 265 da área de Vigo, 293 da de Santiago e 195 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI, 195 en unidades de hospitalización e 1.754 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 677.676 persoas curadas, rexistrándose 3.941 falecementos. As persoas falecidas tiñan patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 3.995.177. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.345.787.
« Anterior | 5  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (274)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES