Archivo (11 del 2022)

Buscador

Noticias

A Xunta cualifica de 'decepción' o resultado da reunión sobre a A-6 co Ministerio de Transportes, que non achegou explicacións suficientes do colapso, solucións eficaces para os transportistas nin plan concreto para a reconstrución integral da autovía. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, participou hoxe na reunión, por videoconferencia, convocada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana sobre o colapso do viaduto do Castro da A-6, na que tamén participaron representantes do Goberno de Castela e León.
O Bono Activa Comercio xa mobilizou preto de 5 millóns de euros en vendas no comercio de proximidade galego. Ata a data adheríronse á iniciativa máis de 6.200 establecementos, e esta cifra pode seguir aumentando ata o 30 de novembro. A Administración autonómica xa ingresou aos negocios participantes preto dun millón de euros, correspondentes aos bonos xa utilizados polos clientes. En total a Administración autonómica destina 5 millóns de euros a este programa co que se busca impulsar as compras no comercio de proximidade, atraendo clientela aos establecementos locais e contribuíndo ao mesmo tempo a aliviar o impacto da inflación na capacidade de gasto dos fogares galegos.
A Xunta de Galicia lembra que a autocita para a administración da segunda dose de reforzo da covid-19, que se administra desde hoxe en grandes recintos, vai dirixida aos maiores de 60 anos e ás persoas incluídas no grupo de risco. Un total de 2.156 persoas solicitaron ata o de agora autocita para vacinarse. A Xunta de Galicia continúa liderando a administración da segunda dose de reforzo da vacina contra a covid-19 á poboación diana, co 82% de persoas de 80 e máis anos vacinadas, o 75% dos que teñen 70-79, e o 65% dos de 60 a 69 anos.
A CdC súmase á reivindicación do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller cunha programación para rachar cos roles de xénero, axudar a detectar e combater actitudes e comportamentos nocivos que afectan a mulleres e nenas en todo o mundo e favorecer a construción de relacións sas en igualdade. Do 22 ao 26 de novembroo Gaiás ten programadas actividades para afondar nos avances da loita do feminismo a favor da igualdade, desmontar mitos e falsas crenzas normalizadas e sensibilizar á poboación sobre a prevención da violencia de xénero.
O Polo Aeroespacial de Galicia, para o que hai algo máis dun ano se aprobou o novo Plan Estratéxico, permitiu en cinco anos mobilizar xa 164 millóns de euros de investimento público-privada, atraer a compañías punteiras do sector, crear ou acelerar 24 novas empresas e abrir as portas á participación de 900 profesionais. O Goberno galego apostou polos vehículos aéreos non tripulados, cuxa incorporación para a mellora dos servizos públicos permitiu, entre outros adiantos, perseguir o furtivismo, loitar contra os incendios forestais, buscar persoas desaparecidas ou recuperar espazos naturais a través da cartografía.
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) inaugurou Camiños III, a exposición que culmina a triloxía de mostras vinculadas ao camiñar nas que participaron máis de 40 artistas. Camiños III, comisariada por Santiago Olmo e o profesor da universidade da Coruña e crítico de arte Alberto Cartón conta coa participación dos artistas Vito Acconci, Janine Antoni, Miguel Ángel Blanco, Mar Caldas, Benvenuto Chavajay, Mona Hatoum, Kubra Khademi, Manolo Laguillo, Juan Lesta, Priscilla Monge, Jürgen Partenheimer, Damián Ucieda e Oriol Vilanova.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.951, deles 339 son da área da Coruña, 218 da de Lugo, 431 da de Ourense, 187 da de Pontevedra, 291 da área de Vigo, 297 da de Santiago e 185 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI, 154 en unidades de hospitalización e 1.791 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 678.841 persoas curadas, rexistrándose 3.952 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.999.407. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.444.395.
Galicia estará presente na 27ª Conferencia das Nacións Unidas sobre cambio climático (COP27) que se celebra en Exipto co reto de consolidar a súa posición de referencia neste eido e coñecer de primeira man as últimas tendencias e proxectos polos que se está apostando a nivel internacional para reducir as emisións, avanzar na adaptación das rexións a este fenómeno e analizar os resultados do cumio celebrado o ano pasado en Glasgow. A COP27 de Exipto, que comezou a pasada fin de semana e rematará o 18 de novembro, permitirá poñer en contacto a gobernos de todo o mundo e abrir un debate enriquecedor sobre os diferentes proxectos, iniciativas e políticas que se están a promover para frear o avance e os efectos deste fenómeno global.
A Consellería de Sanidade abre a autocita para todas as persoas que, por diferentes motivos, non foron vacinadas coa segunda dose de reforzo da covid-19. Así, a partir do venres, 11 de novembro, poderase xestionar a cita para a vacinación, que terá lugar en grandes recintos. A citación farase a partir do luns, 14 de novembro. As persoas dos seguintes grupos de idade e coas características que se detallan de seguido, poderán reservar a súa cita tanto a través da páxina web como da aplicación Sergas Móbil.
Foi inaugurada na Cidade da Cultura a exposición 'Camiños creativos', un percorrido pola relación entre arte e movemento do século XVIII ata a actualidade. A mostra exhibe no Museo Centro Gaiás obras asinadas por grandes mestres da pintura e da fotografía, como Turner, Constable, Courbet, Corot, Rousseau, Sorolla ou Cartier-Bresson, e referentes da creación máis actual: desde David Hockney a Julian Opie, Jeppe Hein ou Cristina Iglesias. Máis dun centenar de obras, moitas delas nunca antes exhibidas en Galicia, procedentes dunha trintena de museos e coleccións de oito países de Europa.
« Anterior | 4  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES