Noticias

O Sergas lembra que a autocita para a dose de reforzo vai dirixida aos maiores de 60 anos e persoas incluídas no grupo de risco

A Xunta de Galicia lembra que a autocita para a administración da segunda dose de reforzo da covid-19, que se administra desde hoxe en grandes recintos, vai dirixida aos maiores de 60 anos e ás persoas incluídas no grupo de risco. Un total de 2.156 persoas solicitaron ata o de agora autocita para vacinarse. A Xunta de Galicia continúa liderando a administración da segunda dose de reforzo da vacina contra a covid-19 á poboación diana, co 82% de persoas de 80 e máis anos vacinadas, o 75% dos que teñen 70-79, e o 65% dos de 60 a 69 anos.

A Xunta de Galicia lembra que a autocita para a administración da segunda dose de reforzo da covid-19, que se administra desde hoxe en grandes recintos, vai dirixida aos maiores de 60 anos e ás persoas incluídas no grupo de risco. Un total de 2.156 persoas solicitaron ata o de agora autocita para vacinarse.

A Xunta de Galicia continúa liderando a administración da segunda dose de reforzo da vacina contra a covid-19 á poboación diana, co 82% de persoas de 80 e máis anos vacinadas, o 75% dos que teñen 70-79, e o 65% dos de 60 a 69 anos.

Co ánimo de facilitar, aínda máis, a vacinación, a Xunta de Galicia ven de abrir a autocita a través da web www.sergas.es e a aplicación SergasMóbil. Desde a Dirección Xeral de Saúde Pública lembran que a cuarta dose, ou segunda dose de reforzo, está indicada a persoas maiores de 60 anos e aos grupos de risco:

-Persoas maiores de 60 anos que non puideron acudir a vacinarse.

-Sanitarios que non acudiron á cita ou que non foran citados.

-Persoas menores de 60 anos con enfermidades crónicas cardiovasculares, neurolóxicas ou respitarorias -incluindo displasia bronco-pulmonar, fibrose quística e asma-.

-Mulleres embarazadas en calquera trimestre de xestación e mulleres que, despois de 6 meses do parto, non se vacinaran durante o embarazo.

-Convivintes con persoas de alto grado de inmunodepresión.

Neste sentido, a Consellería de Sanidade informa que os equipos de enfermaría preguntarán ás persoas que acudan aos grandes recintos se pertencen aos grupo anteriormente citado, co obxecto de lle dar toda a información sobre as indicacións desta nova dose.

R., 2022-11-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES