Archivo (9 del 2021)

Buscador

Noticias

O festival Underfest presentou hoxe a programación completa da súa cuarta edición, que se desenvolverá do 7 ao 12 de outubro en sete espazos de Vigo e coa que se reafirma como referente musical na oferta cultural de outono. Na súa oferta destacan nomes ben coñecidos da escena estatal e internacional como Mala Rodríguez, Rigoberta Bandini, Maria Arnal i Marcel Bagés, Toundra, Lina e Raül Refree, Vera Fauna, Colectivo Da Silva, Mastodonte, The Mystery Lights ou Leifur James. Destacou tamén a representación galega, con Margarida Mariño, BFlecha, Grande Amore, Sila Lua e The Bo Derek (as artistas femininas supoñen máis do 50% deste cartel).
Galicia pechou o segundo trimestre do ano sendo a 3ª Comunidade Autónoma con menor endebedamento por habitante de España. Así, a débeda por habitante sitúase en Galicia nos 4.476 euros fronte aos 6.607 euros da media de comunidades, co que cada galego debe hoxe 2.131 euros menos que a media autonómica. Os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo Banco de España volven situar a Galicia como a terceira comunidade de réxime común con menor endebedamento de toda España.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe unha achega de 11,6 millóns de euros para poñer en marcha a primeira fase do Polo de Tecnoloxías Cuánticas con aplicacións na medicina, biotecnoloxía, aeronáutica ou telecomunicacións. Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo subliñou que esTENOta primeira fase permitirá despregar as infraestruturas necesarias, do polo, como: un simulador e un computador cuántico; un sistema de computación de altas prestacións; e un sistema de almacenamento exclusivo para computación cuántica que estará no Centro de Datos do Cesga.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.926 deles 505 son da área da Coruña, 356 da de Lugo, 223 da de Ourense, 139 da de Pontevedra, 372 da área de Vigo, 272 da de Santiago e 59 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 24 están en UCI, 63 en unidades de hospitalización e 1.839 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 177.315 persoas curadas, rexistrándose 2.621 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.812.565. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.331.002.
O libro 'Nós e o mundo, o mundo e Nós' é o resultado de diferentes iniciativas impulsadas dende a Universidade de Santiago para homenaxear a revista Nós no seu centenario. Unhas xornadas centradas no estudo das relacións de autores e temas da revista co seu contexto histórico, así como a convocatoria dirixida a estudantes deste centro para que escollesen artigos, poemas ou debuxos de diferentes autorías da revista, cos seus comentarios críticos, conforman a base desta obra da que o decano de Filoloxía Elias J. Torres Feijó, nun encontro co reitor Antonio López, destacou a importancia de 'xerar comunidade e intercambio entre docentes, persoal investigador e estudantes e divulgar coñecemento na universidade'.
Na reunión participaron os representantes das Comunidades Autónomas de Galicia, Castela e León, Estremadura e Andalucía, e os representantes das Comisión de Coordinación e Desarrollo Rexional do Norte (CCDR-N), Centro, Alentejo e Algarve. A reunión foi copresidida polo director xeral dos Asuntos Europeos do Ministerio de Negócios Estrangeiros de Portugal e pola secretaria xeral técnica do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación de España. A Xunta destacou as prioridades reflectidas no documento consensuado coa de Portugal que se enviaron aos gobernos español e portugués para ser tidas en conta no próximo Cumio Ibérico Hispano-Luso. As propostas amosan as necesidades reais e actuais na Eurorrexión.
A Xunta de Galicia colabora coa empresa Boeing e a organización sen ánimo de lucro FIRST Scandinavia na posta en marcha no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) de San Cibrao das Viñas da primeira Aula Newton de España. Trátase dunha grande oportunidade para que estudantes de entre 14 e 16 anos se acheguen ás materias de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM) dun xeito innovador, empregando equipos de alta calidade, colaborando, debatendo e divertíndose.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde a Universidade de Vigo polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou o seu Informe de Conxuntura Socioeconómica III/2021. Nel destacan que 'un ano despois do shock, a economía galega recupera o seu dinamismo'. Da súa análise económica subliñan datos tales como que o PIB autonómico medra un 17,5%, que Galicia incrementa o seu gasto público máis que o resto do estado e que medra o emprego feminino, pero baixa a calidade dos contratos.
Presentaronse no Consello Galego de Convivencia os resultados do informe de diagnose da terceira macroenquisa de convivencia realizada este ano entre preto de 218.600 membros da comunidade educativa. Un estudo que confirma o bo clima nas aulas galegas e que mellora os resultados de edicións anteriores: O 90% das familias, profesorado e persoal consideran que non existen problemas de convivencia no centro ou que estes ocorren de xeito puntual. Neste aspecto experiméntase unha mellora de 10 puntos con respecto á primeira macroenquisa de 2015 e, ademais, preto do 60% dos participantes consideran que a convivencia escolar mellorou con respecto a 2019.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.160 deles 260 son da área da Coruña, 217 da de Lugo, 190 da de Ourense, 85 da de Pontevedra, 241 da área de Vigo, 139 da de Santiago e 28 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 16 están en UCI, 42 en unidades de hospitalización e 1.102 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 178.410 persoas curadas, rexistrándose 2.634 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.830.034. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.363.846.
« Anterior | 1  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (161)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES