Noticias

Presentado o Underfest de Vigo, que terá lugar do 7 ao 12 de outubro

O festival Underfest presentou hoxe a programación completa da súa cuarta edición, que se desenvolverá do 7 ao 12 de outubro en sete espazos de Vigo e coa que se reafirma como referente musical na oferta cultural de outono. Na súa oferta destacan nomes ben coñecidos da escena estatal e internacional como Mala Rodríguez, Rigoberta Bandini, Maria Arnal i Marcel Bagés, Toundra, Lina e Raül Refree, Vera Fauna, Colectivo Da Silva, Mastodonte, The Mystery Lights ou Leifur James. Destacou tamén a representación galega, con Margarida Mariño, BFlecha, Grande Amore, Sila Lua e The Bo Derek (as artistas femininas supoñen máis do 50% deste cartel).

O festival Underfest presentou hoxe a programación completa da súa cuarta edición, que se desenvolverá do 7 ao 12 de outubro en sete espazos de Vigo e coa que se reafirma como referente musical na oferta cultural de outono. Para a organización dos seus 14 concertos e das actividades paralelas, a promotora Sweet Nocturna volve contar co patrocinio da Xunta a través da marca FEST Galicia, ademais de recibir axuda por medio da convocatoria de subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a festivais profesionais de música.

En nome do Goberno galego, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiron ao acto celebrado este mediodía no Auditorio Mar de Vigo, xunto aos representantes da organización e doutras entidades e empresas colaboradoras.

Sutil subliñou que o Underfest é un dos 14 festivais adheridos a marca FEST Galicia, que este ano se reforzou para promocionar a nosa Comunidade non só como destino musical de calidade, senón tamén seguro. Esta vía de patrocinio enmárcase no compromiso económico e institucional da Xunta cos principais festivais de música galegos, para os que se incrementaron os fondos no marco do seu Plan de reactivación cultural fronte aos efectos da covid-19.

Fondo para festivais

Así, ademais dos patrocinios de FEST Galicia, que supoñen un investimento de 500.000 euros, os festivais profesionais de música contan cunha liña específica de subvencións, a través da que este ao se distribuíron outros 340.000 euros entre 19 encontros beneficiarios nas catro provincias.

En referencia ao Underfest, que conta con apoio destas dúas canles, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade subliñou a calidade da súa oferta no ámbito dos festivais urbanos, con nomes ben coñecidos da escena estatal e internacional como Mala Rodríguez, Rigoberta Bandini, Maria Arnal i Marcel Bagés, Toundra, Lina e Raül Refree, Vera Fauna, Colectivo Da Silva, Mastodonte, The Mystery Lights ou Leifur James. Destacou tamén a representación galega, con Margarida Mariño, BFlecha, Grande Amore, Sila Lua e The Bo Derek, así como o feito de que as artistas femininas supoñan máis do 50% deste cartel.

Entre as súas actividades paralelas, o Underfest organiza a exposición O son do mar, que poderá visitarse a partir do 7 de outubro na Casa das Artes de Vigo, onde permanecerá aberta ao público durante un mes.

O festival, para o que xa se esgotaron os bonos dispoñibles, mantén activa a venda de localidades para cada un dos concertos programados a través da plataforma entradas.ataquilla.com.

R., 2021-09-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES