
O éxito das xornadas e do libro ratifican a vontade do Decanato de convocar anualmente estes proxectos de interacción e transversalidade da comunidade da Facultade con vocación de divulgación e transferencia, explicou o profesor Feijó Torres. Laura Paz, en representación do alumnado que colaborou na escrita do libro, agradeceu a oportunidade que se nos deu aos estudantes de participar. No encontro co reitor, participaron igualmente Dolores Vilavedra, profesora da Facultade, e Paulo Gamallo, vicedecano de Cultura do centroambos os dous, editores do volume. É preciso pór de relevo a valiosa e xenerosa contribución dos membros da Facultade de Filoloxía, profesorado e estudantado, que, con entusiasmo, participaron na creación do libro, co obxectivo común de render homenaxe a unha revista e unha xeración de persoas fundamentais para entender quen fomos e quen somos hoxe, salientou o vicedecano.
Nas xornadas que constitúen parte do xermolo do libro, foron analizadas as relacións de colaboradores da revista con escritores como Joyce e Valle-Inclán, as vinculacións da revista con outros proxectos análogos no Brasil, ou a exploración das relacións estabelecidas pola revista no cadro da literatura mundial. Tamén se integran neste volume estudos de natureza filolóxica e lingüística centrados en variadas temáticas como a presenza do romanceiro tradicional na revista Nós, as achegas á revista centradas en tópicos lingüísticos e o contra-discurso erguido polos membros do grupo Nós contra o hexemónico da filoloxía española. Nestas xornadas, participaron profesoras e profesores da Facultade cuxas intervencións deron lugar a artigos divulgativos que están integrados na primeira parte do libro. As xornadas foron gravadas e están dispoñibles na web de USC TV.
A outra actividade que deu lugar á segunda parte do libro, nútrese de pezas seleccionadas polo propio alumnado coa intención de conformar unha breve escolma con artigos de autores como Vicente Risco e Otero Pedrayo, debuxos de Castelao e poemas de Carvalho Calero. Os comentarios críticos do alumnado aparecen acompañados neste libro das pezas orixinais, tal e como foron publicadas.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.