Archivo (9 del 2021)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.207 deles 277 son da área da Coruña, 226 da de Lugo, 197 da de Ourense, 82 da de Pontevedra, 242 da área de Vigo, 154 da de Santiago e 29 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 41 en unidades de hospitalización e 1.149 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 178.339 persoas curadas, rexistrándose 2.629 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.828.178. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.360.096.
'Un supercontaxiador tería un efecto comparable co de prender lume a un monte seco usando substancias acelerantes como a gasolina'. Así definen os profesores da USC Antonio Salas e Federico Martinón como as variantes do SARS-CoV-2 necesitan da acción de eventos de supercontaxio para lograr éxito epidemiolóxico, pois son estes, en gran medida, a verdadeira 'gasolina' coa que 'o incendio está garantido'. O triunfo dunha variante depende en gran medida 'desta forza motriz' porque, segundo explican, 'un só evento de supercontaxio pode causar un dano rexional terrible ao facer medrar os contaxios de maneira exponencial, iniciando en moi pouco tempo gromos repentinos que son difíciles de controlar ao perderse a posibilidade de trazar as transmisións'.
O Observatorio Municipal Galego, iniciativa da Rede Localis, fixo público este venres un novo documento de análise da situación económica-financeira dos municipios galegos. Nel, a rede xestionada polo grupo de investigación Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo destaca que os concellos galegos “aínda teñen marxe para elevar o uso da súa capacidade fiscal”. Segundo indican en nota de prensa desde a entidade, o documento, que corresponde á nota número 17 do observatorio, céntrase nesta ocasión no estudo do uso da capacidade fiscal propia dos concellos galegos.
O Centro Dramático Galego (CDG) e a creadora escénica AveLina Pérez estrean no Real Mosteiro de Oia a coprodución ECO. Trátase dunha peza inspirada nos textos e debuxos feitos polos presos da Guerra Civil española nas paredes do cenobio cando foi convertido en campo de concentración, e que recollen os seus desacougos, medos e desexos. Creado, dirixido e interpretado por AveLina Pérez, o espectáculo nace como unha homenaxe e un poema, ademais de como un momento para escoitar e para escoitarnos, para relacionarse cos que xa non están, coa historia e co paso do tempo.
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou na presentación do novo Clúster da Eólica Offshore que, segundo dixo, permitirá a Galicia, Asturias e Cantabria desenvolver unha estratexia compartida para posicionarse como referente internacional neste sector. Acompañando aos conselleiros de Industria dos gobernos de Galicia, Asturias e Cantabria, participan nesta iniciativa tres socios industriais que representan máis de 200 empresas con actividade e experiencia no sector: o Consorcio Tecnolóxico da Enerxía de Asturias, o Clúster Sea of Innovation de Cantabria e Asime, a través do Galician Offshore Energy Group.
A Xunta de Galicia está a facer unha monotorización a tempo real da calidade do aire da Comunidade para descartar posibles efectos da erupción do volcán Cumbre Vieja da Palma. MeteoGalicia está a observar a evolución da columna de dióxido de xofre (SO2) e de monóxido de carbono (CO), así como das partículas que se emiten pola erupción do volcán. Así, a través das 48 estacións da rede de calidade do aire de Galicia, xunto coas dúas do Goberno estatal, monitorízanse a tempo real os contaminantes emitidos, polo que no caso de que as concentracións se incrementaran, estas serían detectadas e poríase en marcha o Protocolo de actuacións en situacións excepcionais de contaminación atmosférica.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.677 deles 426 son da área da Coruña, 322 da de Lugo, 210 da de Ourense, 113 da de Pontevedra, 318 da área de Vigo, 241 da de Santiago e 47 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 19 están en UCI, 43 en unidades de hospitalización e 1.615 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 177.697 persoas curadas, rexistrándose 2.625 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.819.079. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.342.285.
Comezaron os traballos de aplicación de palla (mulching) nas zonas máis afectadas polos incendios rexistrados en Ribas de Sil. Estes labores lévanse a cabo nas áreas máis danadas, onde se combina unha severidade do lume alta na vexetación e no solo. O mulching permite crear unha cuberta protectora do solo empregando materiais como a palla de cereais (trigo, cebada, centeo...) e aplícase cun helicóptero -helimulching- nas zonas de máis pendente e de forma manual -mulching- nas áreas accesibles a pé.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou esta mañá da decisión do comité clínico de ampliar os aforos nos distintos espazos e ámbitos da vida cotiá. O anuncio prodúcese logo de que o comité de expertos avaliase a evolución epidemiolóxica dos concellos galegos nas últimas datas. Así, o titular de Sanidade apunto que “ a incidencia acumulada segue a baixar dun xeito rápido”, mais remarcou a necesidade de seguir a cumprir as medidas hixiénico-sanitarias establecidas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.819 deles 462 son da área da Coruña, 343 da de Lugo, 225 da de Ourense, 130 da de Pontevedra, 344 da área de Vigo, 264 da de Santiago e 51 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 23 están en UCI, 56 en unidades de hospitalización e 1.740 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 177.504 persoas curadas, rexistrándose 2.623 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.816.206. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.336.948.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (174)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES