
Como regra xeral, as capacidades dos locais permitidas serán do 50% nos concellos con nivel máximo, e do 75% nos restantes niveis. Ademais non haberá límite de persoas, alén do que marque a distancia interpersoal de 1,5 metros.
Así mesmo, anunciou o establecementos do nivel medio de restricións nos concellos de Foz e O Barco de Valdeorras, mentres que o de Monforte de Lemos baixa ao nivel medio baixo. As novas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 25 de setembro.
Sobre o proceso de vacinación, García Comesaña subliñou que Galicia volve a estar á cabeza da vacinación en España, tanto na administración de primeira doses, como na porcentaxe de poboación con pauta completa. Neste senso, salientou que, desde o pasado 27 de decembro, Galicia leva administradas 4.336.936 doses. Así, a Xunta xa leva administradas 2.427 terceiras doses a persoas usuarias dos centros sociosanitarios galegos, e a persoas encadradas no grupo 7 -persoas con condición de alto risco covid- da estratexia de vacinación do Ministerio de Sanidade.
Por último, o responsable de Sanidade informou tamén do peche dos diferentes recintos de vacinación masiva que se habilitaron para levar a cabo, coa maior celeridade posible, a vacinación da poboación galega.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.