Noticias

Galicia monotoriza a tempo real a calidade do aire para descartar posibles efectos da erupción do volcán da Palma

A Xunta de Galicia está a facer unha monotorización a tempo real da calidade do aire da Comunidade para descartar posibles efectos da erupción do volcán Cumbre Vieja da Palma. MeteoGalicia está a observar a evolución da columna de dióxido de xofre (SO2) e de monóxido de carbono (CO), así como das partículas que se emiten pola erupción do volcán. Así, a través das 48 estacións da rede de calidade do aire de Galicia, xunto coas dúas do Goberno estatal, monitorízanse a tempo real os contaminantes emitidos, polo que no caso de que as concentracións se incrementaran, estas serían detectadas e poríase en marcha o Protocolo de actuacións en situacións excepcionais de contaminación atmosférica.

Nestes momentos, as concentracións destes contaminantes (SO2 e CO) rexistradas acadan niveis normais en Galicia e non se prevén cambios a curto prazo. En todo caso, o persoal da Dirección Xeral de Calidade Ambiental está atento a calquera cambio na evolución.

Chuvia ácida

En canto á posibilidade de chuvia ácida, ao longo do día de hoxe non se esperan precipitacións, que si poden rexistrase ao longo da xornada de mañá, na madrugada, e serían escasas e de tipo convectivo —puntualmente de forte intensidade e locais—.

De producirse, estas chuvias arrastrarían o que nese momento estea sobre a columna atmosférica de Galicia e, dada a súa intensidade, só as primeiras pingas poderían ter un ph algo por debaixo do normal, pero non a parte importante da precipitación.

R., 2021-09-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES