
Cómpre lembrar que, aínda permanecendo o lume controlado (mesmo antes de darse por extinguido), xa se desprazaron ao lugar os técnicos especialistas do Centro de Investigación Forestal de Lourizán para avaliar os danos ocasionados. Así, constatouse que o solo sufriu un nivel de afección baixo, malia a orografía abrupta e con pendentes acusadas na zona. Así, en gran parte do terreo afectado comprobouse que a boa xestión do monte e a rápida actuación dos medios de extinción axudou a que ese dano fora menor. Isto significa que cando os solos sufriron ese nivel de dano, ningunha das súas propiedades físico químicas foi alterada e a capacidade de que se mobilicen arrastres erosivos de importancia neses solos é moi baixa.
Barreira natural
Nesa avaliación constatouse tamén que o lume provocou o soflamado das copas das árbores, o que derivará na caída das follas que farán de barreira natural e protexerán o solo. Neste senso, tendo en conta experiencias anteriores, esa capa de folla que caerá de forma natural sobre o solo evitará o arrastre de sedimentos en máis dun 95% e ata o 100% cando a cobertura do solo queimado é total.
Ademais, no recoñecemento aéreo tamén se comprobou a falta de afección das canles dos ríos afectados, o Sil e o Lor, e a falta de conectividade entre estes e a área queimada. De feito, os técnicos observaron que no fondo das vaguadas existe unha barreira natural de vexetación que evitaría calquera arrastre de cinzas aos ríos.
Nesta liña, a vexetación dominante nas zonas afectadas polos lumes de Ribas de Sil son masas de Pinus pinaster maduro, o que augura unha boa rexeneración natural nos vindeiros meses. Doutra banda, na parroquia de Nogueira a maior porcentaxe de superficie afectada foi de matogueiras de breixo, tamén con boa capacidade de rebrote.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.