Archivo (3 del 2021)

Buscador

Noticias

Galicia pechou o ano 2020 cun diferencial de débeda coa media autonómica de 7,2 puntos, mantendo así o máximo da serie histórica, tal e como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo Banco de España. Ademais, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma de Galicia como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España. En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia subiu case un punto con respecto ao terceiro trimestre do ano para facer fronte ás necesidades extraordinarias derivadas da pandemia, e situouse no 19,9% ao peche do cuarto trimestre.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.354, deles 791 son da área da Coruña, 169 da de Lugo, 145 da de Ourense, 231 da de Pontevedra, 619 da área de Vigo, 268 da de Santiago e 131 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 167 en unidades de hospitalización e 2.157 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 112.349 persoas curadas, rexistrándose 2.342 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.851.886. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 478.542.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou hoxe, en rolda de prensa, dos acordos do comité clínico celebrado no día de hoxe. O titular da carteira sanitaria do Executivo galego destacou que a Xunta de Galicia vai posibilitar, a partir da primeira quincena de abril, aos cidadáns que se vacinen, acceder a un certificado dixital que poderá ser validado a través da súa sede electrónica. Así, -tal e como explicou o conselleiro-, cada vez que se realice a administración dunha vacina, ou se produza un resultado negativo dunha PCR, ou teña lugar unha recuperación recente da infección, será posible xerar un documento asinado dixitalmente que se almacenará na historia clínica.
O novo Plan Catedrais que prepara a Xunta de Galicia blindará o mantemento e conservación destes cinco grandes templos galegos no horizonte do Xacobeo 2027 para dar continuidade ao esforzo inversor dos últimos anos coa intención de seguir preservando o patrimonio. Así o avanzou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha visita á Catedral de Mondoñedo onde anunciou un primer investimento de máis de 300.000 euros para a restauración do conxunto mural do presbiterio e nave central. O Plan Catedrais está neste momento en elaboración, en diálogo coas distintas dioceses.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.307, deles 816 son da área da Coruña, 168 da de Lugo, 131 da de Ourense, 218 da de Pontevedra, 589 da área de Vigo, 255 da de Santiago e 130 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 181 en unidades de hospitalización e 2.100 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 112.233 persoas curadas, rexistrándose 2.336 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.846.384. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 462.095.
Profundar no coñecemento da reprogramación metabólica das células tumorais é a base do novo descubrimento do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC. O grupo liderado por Román Pérez Fernández, acaba de desvelar que a proteína POU1F1, a través da regulación de LDHA, é capaz de modificar o fenotipo das células cancerosas e favorecer a progresión tumoral e a metástase. O achado, que abre a porta a novas e esperanzadoras estratexias terapéuticas no cancro, acaba de publicarse na revista Oncogene.
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, reafirmou na Conferencia General de Política Universitaria que Galicia continuará sendo a Comunidade Autónoma cos prezos públicos medios de matrícula universitaria máis baixos de España. Galicia cumpre xa cos novos requerimentos que o Ministerio de Universidades propón para os prezos de matrícula dos máster habilitantes, en concreto establecer co horizonte do curso 2022/2023 un prezo máximo en referencia ao prezo de matrícula de grao. A nosa comunidade equiparou no ano 2018 os prezos de máster habilitante aos de grao e no 2020 equiparou as taxas dos máster non habilitantes.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.327, deles 847 son da área da Coruña, 175 da de Lugo, 127 da de Ourense, 217 da de Pontevedra, 574 da área de Vigo, 248 da de Santiago e 139 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 179 en unidades de hospitalización e 2.121 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 112.108 persoas curadas, rexistrándose 2.334 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.841.195. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 447.787.
Nesta edición de 2021 a proba atravesará na súa antepenúltima etapa o 3 de setembro os concellos de Monforte, Lugo e Sarria para continuar polas Rías Baixas desde Sanxenxo a Mos pasando por Pontevedra, Redondela, O Porriño e Baiona deixando para a contrarreloxo individual do domingo 5 de setembro o tramo de Padrón a Santiago de Compostela, para chegar como tódolos peregrinos á porta da Catedral compostelá. Por iso, estiveron presentes os alcaldes de Santiago de Compostela, Padrón, Sanxenxo, Mos, e Monforte de Lemos, municipios de saída e chegada das tres etapas pola comunidade.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.403, deles 900 son da área da Coruña, 177 da de Lugo, 150 da de Ourense, 215 da de Pontevedra, 515 da área de Vigo, 270 da de Santiago e 176 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 36 están en UCI, 178 en unidades de hospitalización e 2.189 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 111.628 persoas curadas, rexistrándose 2.331 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.822.834. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 432.406.
« Anterior | 1  de  7 | Siguiente »

Archivo

2024 (164)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES