Archivo (1 del 2021)

Buscador

Noticias

Como parte do Plan de continxencia fronte á pandemia da covid 19, o Servizo Galego de Saúde está a aplicar, desde este luns, o aprazamento de determinados actos cirúrxicos que permitan demora. Trátase de cirurxía con ingreso complexas que poden requirir no post operatorio o uso de camas de críticos. Desta maneira, aquelas intervencións cirúrxicas cuxa reprogramación non xera complicación algunha de tipo clínico na natureza médica da mesma, aprazaranse a días próximos co obxectivo de garantir a dispoñibilidade do número de camas necesarias fronte á terceira onda da pandemia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 19.768, deles 5.225 son da área da Coruña, 1.731 da de Lugo, 2.761 da de Ourense, 1.818 da de Pontevedra, 3.542 da área de Vigo, 3.118 da de Santiago, e 1.573 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 161 están en UCI, 993 en unidades de hospitalización e 18.614 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 66.800 persoas curadas, rexistrándose 1.622 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.334.415. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 66.899.
“A economía galega amosa un mellor comportamento que a do conxunto do estado fronte ao impacto da pandemia da covid-19”. Esta é unha das conclusión do último Informe de Conxuntura Económica realizado polo Foro Económico de Galicia, entidade xestionada polo Grupo Gen da Universidade de Vigo. Segundo os datos correspondentes ao terceiro trimestre de 2020 recollidos na publicación, a comunidade autónoma presenta unha contracción do seu Produto Interior Bruto do -6,2%, fronte a -9% da media estatal, estando estes dous datos por baixo da media da Unión Europea (-4,2%).
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aseverou hoxe que Galicia está a deseñar xa a loxística para vacinar contra a covid-19 ao resto do persoal sanitario, ao persoal sociosanitario dos centros de día e do SAF, así como aos grandes dependentes, ademais de para administrar a segunda dose nas residencias. Tras a reunión do Consello da Xunta, Feijóo precisou que xa se administrou a vacina no 94% das residencias de maiores de Galicia —521 das 556 que hai en total— e subliñou que a Comunidade administrou ata onte un total de 33.351 vacinas entre os usuarios e o persoal destes centros.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.215 deles 2.469 son da área da Coruña, 945 da de Lugo, 1.348 da de Ourense, 867 da de Pontevedra, 1.893 da área de Vigo, 1.983 da de Santiago, e 710 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 82 están en UCI, 463 en unidades de hospitalización e 9.670 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 60.811 persoas curadas, rexistrándose 1.480 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.211.826. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 37.745.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe aos galegos máxima prevención e anunciou que toda Galicia estará, desde o venres e, “probablemente, ata mediados de febreiro”, nos dous niveis máis altos de protección do protocolo contra a pandemia. Durante a súa comparecencia para dar conta das medidas acordadas no comité clínico, Feijóo explicou que, con carácter xeral, aplicarase o nivel medio-alto en toda a Comunidade, se ben, nas zonas de maior incidencia aplicarase o nivel de máxima restrición. “E mantemos o peche da Comunidade que se decretou xa hai varias semanas”, recordou.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.479 deles 2.260 son da área da Coruña, 890 da de Lugo, 1.232 da de Ourense, 832 da de Pontevedra, 1.720 da área de Vigo, 1.886 da de Santiago, e 659 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 73 están en UCI, 438 en unidades de hospitalización e 8.968 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 60.363 persoas curadas, rexistrándose 1.474 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.201.074. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 33.346.
A Cidade da Cultura de Galicia, inaugurada en xaneiro de 2011 polos entón Príncipes de Asturias e hoxe Reis de España e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cumpre os seus primeiros dez anos de vida con preto de 5000 actividades culturais e eventos e recibindo case 6 millóns de visitas ao longo desta década. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González, que presentou esta mañá o balance dos primeiros dez anos de funcionamento da Cidade da Cultura, asegurou que remata unha “fase de consolidación desta potente infraestrutura como ferramenta para o desenvolvemento social, cultural e económico da Comunidade e que arrinca unha nova etapa baseada na expansión para chegar máis lonxe”.
A Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), circuíto de distribución de espectáculos, ofrece para este primeiro semestre de 2021 unha intensa actividade escénica e musical con 334 actuacións de 114 compañías programadas en 45 escenarios de 40 concellos galegos e unha inversión total en contratacións que supera o millón de euros. Así o declarou Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, na presentación realizada para dar conta da carteleira concreta de Ames, un dos municipios adheridos a esta rede cultural, á que achega de xaneiro a xuño 13 funcións e concertos a cargo de 12 agrupacións artísticas galegas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.810 deles 2.064 son da área da Coruña, 810 da de Lugo, 1.140 da de Ourense, 809 da de Pontevedra, 1.579 da área de Vigo, 1.810 da de Santiago, e 598 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 70 están en UCI, 421 en unidades de hospitalización e 8.319 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 59.997 persoas curadas, rexistrándose 1.462 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.191.153. O numero de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 30.418.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (180)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES