Archivo (1 del 2021)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.975, deles 3.839 son da área da Coruña, 1.273 da de Lugo, 2.107 da de Ourense, 1.195 da de Pontevedra, 2.776 da área de Vigo, 2.593, da de Santiago, e 1.192 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 132 están en UCI, 696 en unidades de hospitalización e 14.147 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 63.317 persoas curadas, rexistrándose 1.550 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.272.189. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 59.124.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe o Pacto Social pola Vivenda 2021-2025, co obxectivo de mobilizar máis de 1.080 millóns de euros e chegar a 70.000 familias. Durante a sinatura, Feijóo aseverou que se dá así un paso adiante fundamental, consensuando as prioridades co sector e cos consumidores, dentro do Observatorio Galego de Vivenda. Estruturado en catro liñas estratéxicas e con preto de medio cento de accións que combinan medidas implantadas con 12 iniciativas novidosas, o titular da Xunta subliñou que para acadar todos os obxectivos prevese un investimento directo duns 433 millóns.
O Salón Teatro retoma mañá O charco de Ulises, espectáculo de produción propia do Centro Dramático Galego (CDG) da Xunta de Galicia, que ofrecerá ata este domingo sete novas representacións da montaxe dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, algunhas delas especialmente dirixidas a persoas con diversidade funcional, como a denominada descontraída de mañá mércores ás 20,00 h., ou a inclusiva programada para o día 24 ás 17,30 h. O CDG reforza deste xeito o seu como teatro público facilitándolles o acceso aos seus espectáculos a colectivos ou persoas que precisan de tratamentos e atencións especiais para gozar do teatro.
Tivo lugar a presentación do centro de innovación aberta en tecnoloxías móbiles avanzadas posto en marcha polo centro tecnolóxico Gradiant co apoio da Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación. A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, felicitou a Gradiant pola posta en marcha deste laboratorio “unha iniciativa de gran valor para o ecosistema galego de innovación, especialmente para as pemes que disporán dunha contorna na que testar os seus produtos e servizos innovadores e contribuír así á modernización doutros sectores produtivos estratéxicos para Galicia, como os sectores primarios, a industria, a automoción ou o sector saúde”.
O Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión de hoxe, elevar ao nivel máximo as restricións aos concellos de Vigo e Pontevedra, logo da revisión da evolución epidemiolóxica da covid-19 en toda Galicia. Así mesmo, o Comité clínico decidiu tamén subir ao nivel máis alto de restricións outros 54 concellos da nosa comunidade autónoma dos que 11 están na área sanitaria da Coruña e Cee; 3 na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 5 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 5 na de Pontevedra e O Salnés; 10 na de Vigo; 10 na de Santiago de Compostela e Barbanza e 9 na de Ferrol.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.252, deles 3.346 son da área da Coruña, 1.146 da de Lugo, 1.830 da de Ourense, 1.088 da de Pontevedra, 2.452 da área de Vigo, 2.341 da de Santiago, e 1.049 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 104 están en UCI, 635 en unidades de hospitalización e 12.513 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 62.523 persoas curadas, rexistrándose 1.512 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.250.540.
O Servizo Galego de Saúde acadou, no pasado ano, unha cifra de 110 doazóns de órganos e mantivo en 328 a cifra de transplantes de órganos nos seus hospitais, uns datos moi destacables, tendo en conta a actual pandemia de Covid. Así mesmo, resulta especialmente salientable o feito de que o número de transplantes de corazón feitos en Galicia foi o máis alto a nivel nacional, e o número de transplantes de pulmón foi o mais alto en Galicia desde que comezou o programa no ano 1999 e o segundo do Estado. Estes datos foron dados a coñecer hoxe, en rolda de prensa, na que estivo presente o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas; a directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García; e a coordinadora autonómica de transplantes, Encarnación Bouzas Caamaño.
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou no Consello Asesor da Civil UAVs Initiative, no que asegurou que o principal obxectivo do Polo Aeroespacial de Galicia 2025 é crear tecido industrial ao redor deste sector. Conde, que subliñou a importancia da colaboración público-privada desta iniciativa, agradeceu a súa implicación a todos os organismos, empresas, asociacións e colexios profesionais que forman parte e apoian este polo pioneiro en España no eido da industria aeroespacial. Destacou, ademais, que se trata dunha infraestrutura única polo seu tamaño, especialización, equipamento e pola súa capacidade de crecemento.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou hoxe ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, a necesidade de que os intereses atlánticos e cantábricos do sector se teñan en conta na política agraria europea e no reparto dos seus fondos. Ao respecto, aseverou que Galicia está en contacto coas demais comunidades da Cornixa cantábrica para, “trasladar ao Ministerio unha proposta o máis pechada posible para que se teñen en conta as prioridades e os intereses atlánticos e cantábricos”.
A directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo, compareceu hoxe, por petición propia, na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia, para informar sobre o Plan galego de vacinación fronte ao Sars-Cov-2. A representante do departamento sanitario galego manifestou que o obxectivo da Xunta de Galicia é que, na segunda quincena do mes de febreiro, xa se terán administradas as dúas doses aos grupos de poboación prioritarios, é dicir, aos maiores e profesionais das residencias e, ademais, ao persoal sanitario da primeira liña, cumprindo así os obxectivos fixados.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (164)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES