Archivo (1 del 2021)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 20.481, deles 5.389 son da área da Coruña, 1.798 da de Lugo, 2.866 da de Ourense, 1.940 da de Pontevedra, 3.630 da área de Vigo, 3.242 da de Santiago, e 1.616 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 170 están en UCI, 1.031 en unidades de hospitalización e 19.280 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 67.473 persoas curadas, rexistrándose 1.649 falecementos.
As contas públicas de Galicia para o ano 2021 recibiron hoxe o visto e prace no Pleno do Parlamento galego. Estes orzamentos que son os máis altos da historia da Xunta, esgotan o teito de gasto e acadan os 11.563 millóns de euros, aos que hai que engadir 101 millóns no capítulo VIII de instrumentos financeiros. Ademais, o gasto en xuros de débeda sitúase por debaixo dos 100 millóns de euros, o máis baixo desde hai 25 anos. Os Presupostos deste ano inclúen o maior gasto social da historia da Comunidade que ascende a 8.540 millóns de euros, e o maior investimento produtivo que acada a cifra récord de 2.592 millóns.
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou hoxe de que as vías interurbanas de Galicia rexistraron en 2020 o menor número de falecidos por accidentes de tráfico desde que existen rexistros oficiais. Apuntou que 70 persoas perderon a vida nas estradas galegas, segundo o balance provisional de siniestralidade viaria da Dirección General de Tráfico: “son 18 menos que no ano 2019, un 8% menos que no ano anterior (88 falecidos) e un 25% inferior á media dos últimos cinco anos”. Engadiu que dez anos antes a cifra de falecidos chegou a 179 vítimas, e no 2000 perderon a vida 473 persoas nas estradas galegas.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, tras a reunión do comité clínico, que toda Galicia estará desde o mércores 27 de xaneiro, e durante un mínimo de tres semanas, no nivel de restrición máxima. “Todas as áreas sanitarias están a soportar unha presión importante e é necesario reducila; e iso implica a todos os galegos e a todos os concellos”, aseverou, facendo fincapé na necesidade de limitar ao mínimo as interaccións, as relacións sociais e a mobilidade.
Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo a pasada fin de semana un total de 112 dispositivos en 44 concellos galegos, no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19, nos que foron tramitadas un total de 38 denuncias. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron na provincia de A Coruña, 37 dispositivos nos concellos de Arteixo, Betanzos, Boiro, Cambre, Coirós, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Rianxo, Santiago de Compostela e Val do Dubra.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 17.125, deles 4.414 son da área da Coruña, 1.449 da de Lugo, 2.413 da de Ourense, 1.485 da de Pontevedra, 3.153 da área de Vigo, 2.843 da de Santiago, e 1.368 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 137 están en UCI, 795 en unidades de hospitalización e 16.193 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 64.662 persoas curadas, rexistrándose 1.584 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.297.047. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 65.411.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade promove a creatividade e o gusto polo audiovisual entre os máis pequenos e pequenas cunha nova edición do festival infantil de curtametraxes Pequefilmes, que mañá arranca na Cidade da Cultura de Galicia, podendo verse tamén, por vez primeira, a través da rede. A directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, presentou esta mañá no Gaiás a programación e novidades desta quinta edición de Pequefilmes, acompañada do director do festival, Jorge Rivero, e do director da Agadic, Jacobo Sutil.
O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura bota a andar hoxe as visitas didácticas a través de videoconferencias para explicar e dar a coñecer a exposición As miradas de Isaac aos centros escolares. Neste intre, xa están inscritos preto de 30 colexios. No entanto, a previsión é que, a través da 70 emisións en liña programadas ata o 26 de marzo, sexan máis de 2.000 rapaces e rapazas os que poidan afondar –sen necesidade de saír da aula– na vida e proxectos dunha figura tan importante para a historia da cultura galega do século XX como foi Díaz Pardo.
A Xunta de Galicia vén de trasladarlle ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde a súa proposta de adianto do horario do toque de queda na comunidade galega, co obxectivo de frear a expansión da covid-19. O conselleiro de Sanidade volveu a insistir na conveniencia de que o Goberno central poña a disposición das comunidades autónomas todas as ferramentas posibles para o control da covid-19 segundo a situación epidemiolóxica de cada momento e que se poidan empregar a nivel de provincia, concello, área sanitaria e distrito sanitario.
Celebrouse o Consello Consultivo de Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios que serve de preparación para o próximo Consello de Ministros de Pesca da UE, e no que Galicia demandou unha estratexia común para defender os intereses da frota do Gran Sol nas futuras negociacións de posibilidades de pesca tanto no seo da UE como co Reino Unido. Para os tres primeiros meses deste ano nas poboacións de peixes compartidas co Reino Unido se estableceron unhas cotas estables e proporcionais ás fixadas para 2020 e as cotas para despois dese período deben determinarse neste trimestre.
« Anterior | 2  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (164)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES