Noticias

O Parlamento galego aproba os orzamentos da Comunidade Autónoma para este ano 2021

As contas públicas de Galicia para o ano 2021 recibiron hoxe o visto e prace no Pleno do Parlamento galego. Estes orzamentos que son os máis altos da historia da Xunta, esgotan o teito de gasto e acadan os 11.563 millóns de euros, aos que hai que engadir 101 millóns no capítulo VIII de instrumentos financeiros. Ademais, o gasto en xuros de débeda sitúase por debaixo dos 100 millóns de euros, o máis baixo desde hai 25 anos. Os Presupostos deste ano inclúen o maior gasto social da historia da Comunidade que ascende a 8.540 millóns de euros, e o maior investimento produtivo que acada a cifra récord de 2.592 millóns.

Así, catro de cada cinco euros destínanse a gasto social, emprego e reactivación económica coa finalidade de seguir combatendo a pandemia, impulsar a dinamización da economía e atender as necesidades das familias, pemes e autónomos.

En materia de política fiscal, a Xunta non sobe os impostos nin ás familias nin ás empresas no 2021 e consolida as rebaixas fiscais aprobadas nos últimos anos. Deste xeito, máis de 115.000 familias beneficiaranse de novo das rebaixas de impostos aprobadas polo Goberno galego desde 2016. Ademais, a Xunta amplía de novo o volume de beneficios fiscais ata os 472 millóns de euros, toda vez que os beneficios fiscais inclúen aqueles ingresos que a Xunta decide non percibir para que revertan principalmente ás familias e aos fogares.

Catro novos fondos

A principal novidade dos Orzamentos de 2021 é que Galicia vai dispoñer de catro novos fondos que lle permiten contar á súa vez con novos instrumentos para acometer os retos aos que se ten que afrontar a comunidade galega. Estes novos instrumentos son o Fondo Covid, o Fondo REACT, o Fondo Consenso e o Fondo de Garantía de Infraestruturas Sanitarias.

O Fondo Covid está dotado con 503 millóns de euros destinados a seguir combatendo a pandemia. Ademais, faise unha reserva estratéxica de 33 millóns de euros que permita contar con recursos para reforzar calquera necesidade derivada da evolución da pandemia ou que poida xurdir no futuro.

O fondo REACT-EU cun importe de 430 millóns está destinado a impulsar a reactivación económica e o emprego. Este instrumento dispón de cinco liñas de actuación a dous anos: emprego e igualdade, reforzo do sistema sanitario desde o punto de vista económico, transición dixital, dinamización económica e transición verde.

Ademais, como novidade, créase por primeira vez o Fondo Consenso cunha dotación do 1% do gasto non financeiro dos Orzamentos (115 millóns de euros) que terá a finalidade de financiar os proxectos de investimento acordados no marco da Comisión parlamentaria de reactivación económica, no marco do Diálogo Social e nas recomendacións do Comité de Expertos Económicos de Galicia.

Finalmente, o Fondo de Garantía de Infraestruturas Sanitarias, de carácter plurianual está dotado con 105 millóns de euros no ano 2021 para financiar durante toda a lexislatura a construción e reforma de infraestruturas sanitarias #galicia_reactívase .

R., 2021-01-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES