
Na presentación participaron tamén Luis Pérez e Fernando Jiménez, director xeral e xerente de Gradiant, respectivamente.A directora de Gain destacou que este proxecto está apoiado por dous programas, o programa Cervera do Ministerio de Ciencia e Innovación, a través do que Gradiant está a desenvolver esta plataforma no marco do proxecto Red Nacional de Excelencia en Redes Móviles Avanzadas Open-VERSO, así como as axudas para o equipamento de centros de xeración de coñecemento da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que tamén apoia este centro.
Argerey destacou que o programa Cervera é un termómetro da capacidade dos centros tecnolóxicos e de apoio á innovación a nivel estatal, a través do que os centros galegos teñen captado máis de 5 millóns de euros en axudas, situando Galicia na segunda posición entre as comunidades autónomas. Por outro lado, a Xunta apoia este proxecto a través da súa liña de axudas para o fortalecemento de centros tecnolóxicos e de apoio á innovación que leva mobilizado máis de 20 millóns de euros en dúas edicións.
Por último, a directora de Gain subliñou que este proxecto se enmarca no contexto de priorización das tecnoloxías dixitais a nivel europeo, a través do Plan de recuperación e resiliencia e o programa Europa Dixital, a nivel estatal a través da Estratexia España Dixital 2025 e autonómico coa Estratexia Galicia Dixital 2030.
Axudas para o fortalecemento de centros tecnolóxicos
A liña de axudas para o fortalecemento de centros tecnolóxicos e de apoio á innovación de Gain, cofinanciada con fondos Feder do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, ten como obxectivo aumentar a competitividade dos centros tecnolóxicos e de apoio á innovación galegos a través da dotación de infraestruturas tecnolóxicas punteiras naqueles ámbitos estratéxicos prioritarios para Galicia.
Con esta liña de axudas perséguese seguir avanzando na excelencia investigadora dos centros de coñecemento galegos así como potenciar as súas tarefas de transferencia ao tecido empresarial.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.