
Así, a denominada función descontraída de mañá desenvolverase nun ambiente máis relaxado do habitual, con media luz de sala, reforzo no persoal de acomodación e maior permisividade respecto a ruídos ou movementos de entrada e saída, de xeito de crear unha atmosfera acolledora na que se sintan cómodas persoas con déficit de atención, espectro autista ou deficiencias intelectuais ou sensoriais.
Tendo en conta que todos os horarios poderán ser modificados segundo as restricións por motivos sanitarios vixentes en cada momento, para o xoves 21 está programado un novo pase de O charco de Ulises ás 20,00 h.; o venres 22 e sábado 23 levaranse a cabo dúas novas representacións cada un dos días (ás 17,00 e ás 20,00 h.), en tanto que o domingo terá lugar unha función inclusiva, preparada en colaboración coa asociación FADEMGA-Plena Inclusión, que será apoiada por lingua de signos e por un programa de lectura fácil.
Espectáculo en liña e coloquio en streaming
O domingo 24 inaugurarase ademais o servizo de streaming do CDG, xa que ás 18,00 h. activarase a ligazón https://videoplayers.tiivii.com/cdg para acceder á gravación do espectáculo e ao coloquio posterior (19,40 h.), que será transmitido en directo. Ademais dos membros do equipo de O charco de Ulises, sumaranse a este encontro Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, e Fran Núñez, director do CDG, no marco da liña de colaboración emprendida entre os dous departamentos para difundir o teatro feito en Galicia nas comunidades galegas do exterior.
O charco de Ulises sitúa o clásico de Homero nun contexto transatlántico. A trama do texto escrito por Cortegoso en 2010, dentro do programa Iberescena e nos talleres de dramaturxia do CDG, discorre en paralelo á Odisea, xerando un diálogo co mito orixinal para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético. Ulises permanece errante durante dez anos viaxando de illa en illa, vivindo aventuras inesquecibles, entre suculentos banquetes e fermosas mulleres. A idea do regreso á patria non o abandona nunca, pero a súa vida non había transcender se non saíra dela. Así, a proposta muda Ítaca por Galicia, Troia por Buenos Aires e o Mediterráneo polo Atlántico.
Fran Paredes e Inés Salvado Gontad encarnan os papeis de Ulises e Penélope, encabezando un elenco que completan outros oito actores e actrices: Óscar Allo, Miguel Borines, Mónica Camaño, Rosalía Castro, Raquel Espada, Manuel Millán, Chusa Pérez de Vallejo e Paulo Serantes, ademais do músico Xosé Lois Romero.
No equipo artístico figuran Pablo Giráldez O Pastor no deseño de escenografía, Saturna no de vestiario, Salvador del Río na iluminación, Xosé Lois Romero no espazo sonoro, Ezequiel Merlo na Coreografía Tango, María Costas no traballo de voz, Baia Fernández na caracterización, Carmela Bueno na asistencia de dirección e Xandre Vázquez na de produción.
As entradas para asistir ao espectáculo, que permanecerá no Salón Teatro ata o 31 de xaneiro, poderán adquirirse no despacho de billetes do número 34 da rúa Nova compostelá, nos días de apertura desde dúas antes de cada función, e de xeito anticipando en liña a través da web ataquilla.com.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.