Archivo (1 del 2021)

Buscador

Noticias

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo hoxe unha reunión con deputados españois na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo na que lles trasladou a folla de ruta deseñada por Galicia para a defensa dos intereses do seu sector pesqueiro ante o brexit e pediulles a súa colaboración para facer presión ante as institucións europeas e coñecer todos os detalles do acordo entre a Unión Europea e o Reino Unido -incluída a letra pequena- para avaliar o seu impacto real.
O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, estrea este xoves 14 de xaneiro a súa primeira produción propia da actual temporada, O charco de Ulises, un espectáculo de gran formato dirixido por Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, que marca ademais o inicio dunha nova etapa na compañía teatral pública a través dun modelo de traballo con cambios substanciais nas dinámicas de produción e distribución cara a reforzar o seu papel como motor escénico galego a partir da crise sanitaria.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.250 deles 1.944 son da área da Coruña, 778 da de Lugo, 1.040 da de Ourense, 758 da de Pontevedra, 1.484 da área de Vigo, 1.679 da de Santiago, e 567 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 71 están en UCI, 397 en unidades de hospitalización e 7.782 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 59.725 persoas curadas, rexistrándose 1.450 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.184.921. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 27.004.
A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, valorou hoxe os datos do paro rexistrado destacando que por mor da Covid-19 o desemprego aumentou en todas as comunidades na evolución anual e que o incremento rexistrado en Galicia (14,69%) é máis de oito puntos inferior á media de subida do Estado (22,90%), o que sitúa á Comunidade como a cuarta na que menos ascendeu o desemprego respecto de decembro de 2019. Lado apuntou, ademais, que pese a que a pandemia está a impactar no mercado laboral galego, Galicia conta con 2.042 parados menos que no inicio do impacto da covid-19.
« Anterior | 5  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES