Archivo (8 del 2020)

Buscador

Noticias

Un total de 28 pemes galegas solicitaron as axudas do programa para a fabricación de produtos de prevención e loita contra a covid-19. Esta liña de apoios que puxo en marcha a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Igape está dotada con 5 millóns de euros e ten como obxectivo contribuír ao incremento da prevención tanto a nivel sanitario como en materia de seguridade e saúde laboral. Con achegas que poden acadar ata 800.000 euros por iniciativa, os proxectos deben ter un custo igual ou superior a 100.000 euros.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.580 deles 1.240 son da área da Coruña, 352 da de Lugo, 224 da de Ourense, 147 da de Pontevedra, 170 da área de Vigo, 329 da de Santiago, e 118 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI, 73 en unidades de hospitalización e 2.494 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.019 persoas curadas, rexistrándose 633 falecementos. O número de PCR realizadas é de 308.162.
O festival de danza Corpo(a)terra adiantou o programa da súa décima edición, que se desenvolverá en Ourense e en Allariz do 26 ao 30 de agosto. En canto á carteleira deste décimo festival de danza e artes do corpo, hai varias propostas novidosas, como a estrea do espectáculo Pedras nas luces, que se desenvolverá na noite do día 28 en Allariz e na do día 29 en Ourense. Trátase dunha coprodución de Umiles e a Central Folque inspirada nos canteiros de Cotobade, na que os drons bailarán ao son da música, que poderá ser escoitada polos espectadores desde os seus dispositivos móbiles vía streaming a través da web do festival. A programación tamén inclúe montaxes de compañías galegas como Kirenia Danza, Alejandra Balboa, Funboa ou Nuria Sotelo, ademais das obras seleccionadas polo circuíto Acieloabierto, performances DJ e colaboracións internacionais, como o Programa de Movemento Virtual Xeolocalizado.
Fíxose entrega dos premios aos gañadores do certame Lingua de Namorar. Os seis autores das mellores mensaxes de declaracións de amor en galego na rede recibiron o seu premio logo de que o pasado maio o xurado ditaminara os gañadores. Este certame procura dinamizar o uso do galego entre a mocidade nas súas relacións persoais e en internet. Na primeira categoría de idade (categoría A, de 14 a 19 anos) foron galardoados os traballos Retórica (1º premio, co que Nee Barros, de Marín, Pontevedra acumula xa catro distincións consecutivas neste concurso desde 2017), Primavera (2º premio, para Ana Loureiro, de Caldas de Reis, Pontevedra) e Ao altar (3º premio, para María Femenías, de Foz, Lugo).
A evolución do turismo en Galicia foi en xullo 22 puntos superior á media española, segundo se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE). En concreto, o descenso da demanda hoteleira na Comunidade foi do 51% fronte ao 73% do conxunto do Estado. Os establecementos hoteleiros galegos recibiron no sétimo mes do ano un total de 257.870 turistas, o que sitúa a Galicia como a quinta comunidade con maior volume. Estes viaxeiros realizaron preto de 600.000 pernoitas, en concreto 598.513. A nivel de mercado, o turismo de proximidade continúa a ter máis relevancia no turismo en Galicia, xa que o viaxeiro nacional gaña presencia fronte ao internacional, máis afectado polas restricións de mobilidade.
Os máis de 4.000 membros dos equipos Covid dos centros escolares recibirán formación específica sobre coronavirus a partir de setembro, con contidos deseñados pola Consellería de Sanidade en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Así, na primeira semana de setembro comezará unha formación non presencial dirixida aos equipos Covid que deben crear os centros educativos, con conferencias virtuais a cargo de pediatras e material audiovisual no que se dará información específica sobre a infección do coronavirus.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.995, deles 1.114 son da área da Coruña, 254 da de Lugo, 179 da de Ourense, 85 da de Pontevedra, 144 da área de Vigo, 130 da de Santiago, e 89 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI, 67 en unidades de hospitalización e 1.922 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.737 persoas curadas, rexistrándose 628 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a dous varóns da área sanitaria de Lugo, de 93 e 77 anos, e que tiñan patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 294.691. Rexistrouse un falecemento en centro residencial. Este tivo lugar na residencia do Incio.
Galicia dispón este ano de 10 novos drons para vixilancia, detección e extinción de lumes. Se o ano pasado foron dous os dispositivos empregados, son agora 12 os vehículos non tripulados da Xunta de Galicia que funcionan durante a tempada de alto risco de incendios, é dicir, desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro. As funcións destes aparellos son moi variadas, e non se limitan á vixilancia preventiva, á detección e á extinción, senón que tamén colaboran na medición e avaliación de superficies queimadas, na localización de incumprimentos relacionados coa xestión da biomasa ou as distancias de plantación, ou na detección de posibles delitos que poida derivar nun risco de incendio forestal.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, tras a reunión do Comité clínico de expertos sanitarios, que a Xunta proporá que as máscaras sexan obrigatorias en todo momento nas aulas para profesorado e alumnado de máis de seis anos, “unha proposta sanitariamente correcta e epidemioloxicamente fundada”. Feijóo ratificou que “o que máis nos preocupa é a volta ás aulas e o protocolo do inicio do curso escolar”, antes de engadir que o comité clínico revisará o protocolo elaborado en coordinación coas Consellerías de Educación e Sanidade para actualizalo, tanto en función da evolución da pandemia como co que se acorde na conferencia de presidentes, da que aínda non hai data de celebración.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.783, deles 1.045 son da área da Coruña, 170 da de Lugo, 157 da de Ourense, 80 da de Pontevedra, 141 da área de Vigo, 113 da de Santiago, e 77 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI, 64 en unidades de hospitalización e 1.713 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.701 persoas curadas, rexistrándose 626 falecementos. A última persoa falecida foi un home de 90 anos que estaba ingresado no CHUAC e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 290.491. Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais. Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (196)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES