
Durante o pasado mes de xullo tiveron lugar unha serie de formacións destinadas a pilotos profesionais, 12 cursos complementarios aos impartidos en anos anteriores.
Os drons teñen un tempo de voo aproximado de entre 20 e 30 minutos, e incorporan as últimas tecnoloxías dispoñibles para a loita contra o lume: cámara dual con diversos modos de visualización, sistema anticolisión perimetral (sensores frontal, inferior, traseiro, superior e lateral) e sistema de control baseado nunha emisora cun alcance de 3,5 quilómetros de distancia.
Toda esta tecnoloxía está orientada a ofrecer información en tempo real, con envío de cartografía e determinación de puntos quentes, para facilitar a toma de decisións ante incendios activos ou estabilizados e atallar o antes posible novos focos.
Rede de Videovixilancia Forestal
A Rede de Videovixilancia Forestal da Xunta de Galicia conta con 120 cámaras de última xeración espalladas por todo o territorio galego (32 máis que o ano pasado, no que se contaba con 88). Son elementos de vixilancia fixa que veñen a complementar o traballo realizado polos dispositivos móbiles e que cobren o 60% da superficie da nosa comunidade.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.