Archivo (8 del 2020)

Buscador

Noticias

O sábado 12 de setembro o recinto do Festival da Luz acollerá un programa moi especial: a Edición Leiras, un novo formato adaptado á situación actual onde gozar dunha xornada chea de música nun ambiente íntimo, familiar, tranquilo e seguro. A inmensa leira natal de Luz Casal, onde cada ano divírtense máis de 12.000 persoas, dividirase en parcelas, en Leiras, seguindo as normas de distancia de seguridade ata completar un aforo de 500 persoas. Poderase así gozar da música en directo ao aire libre con tódalas medidas sanitarias e de prevención. As Leiras terán capacidade para 2, 5 e ata 10 persoas e incluirán máscaras, xel desinfectante e ecovaso individual.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, comunicoulle está mañá ao Ministro de Sanidade, Salvador Illa, a vontade de Galicia para adherirse á aplicación de rastrexo “Radar Covid” que desenvolve o Goberno central. O responsable galego de Sanidade apuntou que a aplicación de rastrexo estatal engadirase ao sistema “Passcovid”, que neste intres está a testear na súa fase piloto a Xunta de Galicia, e que será completamente interoperable coa app estatal. Por medio dunha carta, o titular do departamento sanitario da Xunta Galicia, trasladoulle ao Ministro de Sanidade que a comunidade galega sumarase ao novo sistema de rastrexo e control a covid-19 -Radar Covid-, que vén desenvolvendo nos últimos meses o goberno de España.
A Delegación do Goberno subliña o descenso dun 23% das persoas en situación de ERTE en Galicia na primeira quincena de agosto. Os sectores con máis recuperación de emprego son os de servizos de aloxamento e transporte. O delegado do Goberno, Javier Losada, explicou que entre o pasado 31 de xullo e esta última fin de semana, un 23% das persoas en suspensión temporal de emprego en Galicia finalizaron esta situación. Trátase dunha recuperación da actividade laboral en todos os sectores, agás na das axencias de viaxe, o único que medrou (1%).
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.505, deles 921 son da área da Coruña, 113 da de Lugo, 131 da de Ourense, 75 da de Pontevedra, 139 da área de Vigo, 67 da de Santiago, e 59 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 6 permanecen en UCI, 55 en unidades de hospitalización e 1.444 no domicilio. En Galicia hai un total de 11.625 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos. O número de PCR realizadas é de 283.781. Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.400, deles 851 son da área da Coruña, 110 da de Lugo, 114 da de Ourense, 70 da de Pontevedra, 139 da área de Vigo, 63 da de Santiago, e 53 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 5 permanecen en UCI, 57 en unidades de hospitalización e 1.338 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.608 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos. O número de PCR realizadas é de 282.103.
Durante 2019 o número de mulleres traballadoras no Hipersector TIC, integrado polos sectores tecnolóxico e de contidos, foi de 8.119, un 33,4% dos empregados no sector. Dentro do hipersector, o sector contidos é o ámbito no que as mulleres contan cunha maior representación, un 41,5%, mentres que no sector TIC a porcentaxe é do 31,1%. Desagregando o Sector TIC as actividades relacionadas coas telecomunicacións son as que contan cunha maior porcentaxe de mulleres cun 38,9%; en segundo lugar atoparíanse as empresas dedicadas ás Actividades Informáticas, cun 30,4%.
Deles, 778 son da área da Coruña, 110 da de Lugo, 94 da de Ourense, 60 da de Pontevedra, 134 da área de Vigo, 55 da de Santiago, e 51 da de Ferrol. 11.587 pacientes xa están curados, e a día de hoxe hai 1.231 pacientes en seguimento nos seus domicilios e 3 na Uci. O número de PCR realizadas é de 280.185.
Las consellerías de Educación y de Economía financian con 8,1 millones de euros esta contratación, para garantizar la formación inicial de los investigadores gallegos en el Sistema Universitario de Galicia. Los contratos oscilarán entre los 22.900 y los 25.000 euros anuales por investigador en función de la modalidad, y hasta 6.000 euros más para estancias de tres meses en el extranjero y un complemento anual para gastos y seguros.
A Xunta defenderá na Comisión bilateral Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia a legalidade das modificacións relativas ao imposto de sucesións e doazóns e a Lei do solo que se recollían na Lei de medidas fiscais e administrativas. No imposto sobre sucesións e doazóns, o Goberno considera que o requisito fixado de que o centro principal da empresa deberá estar situado na comunidade autónoma para aplicar a redución fiscal pode contravir a normativa da U.E.
Dos casos activos actualmente, 544 son da área da Coruña, 93 da de Lugo, 60 da de Ourense, 51 da de Pontevedra, 118 da área de Vigo, 43 da de Santiago, e 29 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 40 en unidades de hospitalización e 897 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.506 persoas curadas, e 623 falecementos. A última persoa falecida foi un varón de 90 anos, ingresado no CHUO, con patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 272.115.
« Anterior | 3  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (177)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES