Archivo (7 del 2020)

Buscador

Noticias

O custo laboral bruto en Galicia no ano 2019 representou o 91,22% da media española, o que supón o máximo nivel de converxencia de toda a serie histórica, segundo mostran os datos do Estudo sobre Salarios publicado hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). O custo laboral bruto por traballador en Galicia aumentou en 2019 ata os 29.041,1 euros, o que tamén representa a cifra máis alta de toda a serie histórica. Ademais, é a primeira vez que en Galicia supera os 29.000 euros.
O presidente do Goberno galego en funcións, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que Galicia iniciará no mes de agosto unha experiencia piloto nun grupo pechado de persoas a través da nova aplicación para o móbil ‘PassCOVID’. En base aos datos do Servizo Galego de Saúde, esta aplicación permitirá identificar o nivel de risco transmisor da persoa usuaria fronte á covid-19 e facilitar a xeración de alertas aos contactos indicados por esta no caso de dar positivo nunha proba PCR. Logo de testar este novo sistema en agosto, Feijóo sinalou que en setembro se valorará a posibilidade de implementalo para que tanto os residentes en Galicia como os viaxeiros poidan descargala nos seus dispositivos móbiles. No caso de que se chegue a implementar, precisou que PassCOVID será sometida a consideración do Consello interterritorial de Saúde.
A actividade turística baixou en xuño en Galicia nove puntos menos que no resto de España, rexistrándose unha caída dun 83% fronte a un 92% no resto de comunidades. Así, malia que o sector atravesa un momento de gran dificultade pola situación sanitaria, as cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE) amosan os primeiros síntomas de reactivación tras o estado de alarma, cando a actividade foi practicamente nula debido ao peche xeneralizado. Na comparativa interanual, a caída de xuño afectou especialmente ao mercado internacional. A maior parte dos viaxeiros que escolleron Galicia, en concreto dous terzos da demanda turística, optaron por aloxarse en establecementos hoteleiros.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 260, deles 76 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 7 da de Ourense, 23 da de Pontevedra, 49 da área de Vigo, 23 da de Santiago, e 2 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 9 en unidades de hospitalización e 250 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.262 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 248.544. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia.
O presidente do Goberno Galego en funcións, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que nos próximos días o conselleiro de Sanidade reunirase co secretario de Estado de Sanidade para abordar a posibilidade de rexionalizar Portugal dentro do protocolo elaborado pola Xunta, que obriga ás persoas que veñan á Comunidade a comunicar a súa chegada cando procedan doutros territorios cunha incidencia epidemiolóxica 3,5 veces superior á de Galicia. Se ben no protocolo non se fan diferencias dentro do territorio dos países, agás no caso de España, Feijóo trasladou durante un encontro co embaixador de Portugal, João Mira Gomes, a necesidade de establecer unha diferenciación por zonas de alta incidencia da covid-19 tamén para o país veciño, ante os estreitos lazos que nos unen.
Inaugurouse no Museo do Mar de Galicia a mostra Facer Camiño, unha exposición itinerante na que se asocia a arte co Camiño de Santiago que, logo da súa estadía viguesa, percorrerá as restantes cidades galegas e as vilas de Tui, Cee e Mondoñedo concellos asociados ao territorio histórico das rutas xacobeas. A comisaria da mostra, Asunta Rodríguez, realizou unha escolma de 23 pezas que inclúen pinturas, esculturas e fotografías de destacados artistas galegos, enfiada por citas e referencias a Santiago de Compostela e á peregrinación xacobea de autores como Dante, Federico García Lorca ou Vicente Risco.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 249, deles 71 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 6 da de Ourense, 20 da de Pontevedra, 50 da área de Vigo, 21 da de Santiago, e 1 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 8 en unidades de hospitalización e 240 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.251 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 246.840.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 242, deles 63 son da área da Coruña, 85 da de Lugo, 7 da de Ourense, 20 da de Pontevedra, 47 da área de Vigo, 20 da de Santiago, e ningún da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 9 en unidades de hospitalización e 232 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.236 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 245.003. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia.
Todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica 3’5 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de que sexan residentes na nosa comunidade ou non. Deste xeito, Sanidade procura acadar un diagnóstico máis precoz de calquera infección polo virus, protexendo así a saúde dos cidadáns. Galicia é a segunda Comunidade Autónoma con menor incidencia acumulada nos últimos 14 días, de acordo cos datos que reflicte o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitaria do Ministerio de Sanidade.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 233, deles 58 son da área da Coruña, 90 da de Lugo, 7 da de Ourense, 18 da de Pontevedra, 44 da área de Vigo, 16 da de Santiago, e ningún da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 12 en unidades de hospitalización e 220 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.227 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 244.127. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia.
« Anterior | 1  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (174)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES