Archivo (7 del 2020)

Buscador

Noticias

Galicia é a segunda comunidade autónoma que rexistrou maior incremento do PIB per cápita en 2019, e isto permitiu acadar un nivel de converxencia en renda con España do 90,9%, o maior da serie histórica, segundo indican os datos de Contabilidade Rexional publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estadística. En 2019 o PIB per cápita de Galicia medrou un 3,67% respecto a 2018, ao pasar de 23.183 a 24.034 euros. Isto supón o segundo maior avance de todas as comunidades autónomas, só superado por Navarra (4,15%) e nove décimas superior á media española (2,76%). Con esta evolución, o PIB per cápita de Galicia pasa a representar o 90,91% da renda española. Este é o maior nivel de converxencia en renda con España de toda a serie histórica, e tamén é o segundo ano consecutivo en que se supera a barreira do 90%, un feito que se produciu por primeira vez no ano 2018 (90,11%).
A Amtega presenta o vindeiro 30 de xullo o programa formativo “AceleraTech, impulsando a transición dixital”, que se comezará en outubro. AceleraTech dirixido tanto ás pemes galegas como ao seu persoal directivo para que as tecnoloxías disruptivas máis relevantes e os beneficios e condicionantes necesarios para integralas na súa estratexia, estrutura e modelo de negocio. O programa, que se desenvolverá a partir de outubro en colaboración coa IESIDE, abrangue diferentes xornadas formativas e prácticas específicas para persoal directivo e xerentes de empresas galegas. A presentación de AceleraTech terá lugar o vindeiro 30 de xullo por streaming e nel realizarase unha exposición do programa así como unha aproximación a unha das tecnoloxías que se van abordar neste, o blockchain.
O presidente do Goberno Galego en funcións, Alberto Núñez Feijóo, avanzou na rolda de prensa do Consello, que todas as persoas que cheguen a Galicia procedentes de territorios con alta incidencia epidemiolóxica pola covid-19 deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de que sexan residentes na Comunidade ou non. En concreto, esta nova medida terá carácter obrigatorio para todas as persoas que proveñan ou estiveran nos últimos 14 días en zonas con alta incidencia epidemiolóxica e terá carácter voluntario para as que proveñan dun lugar sen incidencia epidemiolóxica complexa. Ademais, Feijóo precisou que, dependendo do lugar de onde veña a persoa, poderíaselle facer a PCR sen síntomas.
O Museo Centro Gaiás exhibe desde hoxe Cinema e emocións. Unha viaxe á infancia, unha exposición organizada por La Cinémathèque française e a Fundación "La Caixa", en colaboración coa Xunta de Galicia no marco do Xacobeo 2021. A mostra convida a un percorrido a través dun século de historia do cinema e a unha reflexión sobre o papel fundamental da infancia na creación de relatos e personaxes no cine, así como sobre a influencia que ten a sétima arte no propio desenvolvemento persoal durante a nenez. Nesta viaxe por filmes de diferentes épocas, xéneros e contextos xeográficos, poderanse contemplar desde proxeccións e fotografías de rodaxe, a carteis ou obxectos senlleiros tan icónicos como a vasoira de Harry Potter ou unha reprodución da personaxe de King Kong de máis de dous metros de altura.
Galicia foi a quinta Comunidade que máis turistas recibiu en xuño, por riba de destinos como Canarias ou Baleares, grazas a que o sector está a resistir mellor que a media española. Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) referidos á ocupación hoteleira. Segundo o INE, os establecementos hoteleiros galego recibiron un total de 56.875 turistas que fixeron 115.952 pernoitas. A Comunidade sitúase así como a quinta con mellores rexistros, por diante da súa posición habitual. Na comparativa interanual, a demanda en Galicia baixou un 86,7%, oito puntos menos que a media española, que caeu un 95%.
As Festas do Apóstolo en Santiago serán por segundo ano consecutivo o marco de celebración do Compostela TradFest, que volve contar coa colaboración da Xunta de Galicia para o desenvolvemento dun intenso programa coa música de raíz como protagonista. O evento terá lugar o vindeiro domingo día 26 no parque de Bonaval, na praza da Quintana e nas rúas da cidade, que acollerán unha vintena de concertos, bailes, ruadas e cursos, ademais dunha mostra de instrumentos musicais e unha feira de libros e discos. O resto dos concertos do TradFest concentraranse nos diferentes escenarios do parque de Bonaval: Espazo Arcos con Candorka, Porcoteixos e Anxo Lorenzo, e a igrexa de Bonaval con Iván Vilela, Fernando Barroso, Pärbo (Pintos & Riobó) e Abraham Cupeiro.
Representantes do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) veñen de reunirse cos seus homólogos do SERIDA asturiano e do CIFA cántabro, así como con membros do Centro Tecnolóxico da Carne, para avanzar no desenvolvemento dun proxecto que busca fomentar o pastoreo na montaña como medio para anticiparse aos incendios forestais e mellorar a produtividade animal. O encontro, que tivo lugar no centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), concluíu cunha visita á Estación Experimental Agrogandeira de Montaña do Marco da Curra.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 180, deles 37 son da área da Coruña, 98 da de Lugo, 5 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 20 da área de Vigo, 11 da de Santiago, e ningún da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 172 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.131 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 236.787.
A Xunta de Galicia considera totalmente insuficiente a asignación á Comunidade Autónoma do primeiro tramo do Fondo Covid, publicada hoxe no BOE polo Ministerio de Facenda, xa que penaliza a Galicia no reparto deste tramo de 6.000 millóns de euros para gasto sanitario. A Xunta de Galicia considera positiva a creación dun Fondo Covid para as comunidades autónomas, pero discrepa totalmente da metodoloxía utilizada polo Ministerio de Facenda no reparto destes fondos. O Goberno central cambiou de xeito unilateral os criterios de reparto utilizados no sistema de financiamento autonómico e no primeiro reparto de fondos Covid aprobado en marzo, e este cambio penaliza claramente a Galicia, como xa advertiu a Xunta en reiteradas ocasións e mesmo se lle trasladou ao Goberno.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 178, deles 31 son da área da Coruña, 106 da de Lugo, 5 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 18 da área de Vigo, 9 da de Santiago, e ningún da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 están en unidades de hospitalización e 171 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.116 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 235.064.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (167)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES