Archivo (5 del 2020)

Buscador

Noticias

Arredor de 30.000 persoas están inmunizadas fronte ao COVID-19 en Galicia, o que supón un 1,15% da poboación. Estas son algunhas das conclusións do Estudo de seroprevalencia fronte ao COVID-19 que está realizando o Sergas e que se presentou esta mañá en rolda de prensa. Da base de datos de tarxeta sanitaria, por mostraxe aleatoria simple, seleccionouse unha mostra, estratificada en seis estratos, definidos polo sexo e os tres grupos de idade de 0 a 18, de 19 a 64 e 65 a máis anos, para cada un dos sete concellos con maior poboación de Galicia e para outras 38 comarcas ou agrupacións de comarcas. En total son 45 mostras independentes. Polo de agora levouse a cabo a primeira das fases do estudo.
A segunda sesión dos Foros #aculturasegue. Reflexións sobre a cultura na era post-COVID-19 analizará este venres 22 de maio os retos das artes escénicas no contexto actual, nun encontro virtual coa participación da directora artística e directora de escena de Voadora, Marta Pazos, e o director artístico de La Fura dels Baus, Carlus Padrissa. A actividade, dirixida a profesionais do sector cultural galego e a todo tipo de público interesado, está organizada pola Xunta de Galicia. Enmárcase no Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19, promovido polo Goberno galego e poderá seguirse de balde por videoconferencia, previo rexistro en cidadedacultura.gal.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 920, deles 225 son da área da Coruña, 60 da de Lugo, 141 da de Ourense, 40 da de Pontevedra, 265 da área de Vigo, 161 da de Santiago, e 28 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 12 permanecen en UCI, 72 están en unidades de hospitalización e 836 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.607 persoas curadas, rexistrándose 610 falecementos. O último falecemento rexistrado en Galicia por coronavirus correspóndese cunha muller de 65 anos que estaba ingresada no CHUS e presentaba patoloxía previas. O número de PCR realizadas é de 131.948.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.063, deles 285 son da área da Coruña, 69 da de Lugo, 171 da de Ourense, 51 da de Pontevedra, 290 da área de Vigo, 168 da de Santiago, e 29 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 16 permanecen en UCI, 79 están en unidades de hospitalización e 968 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.411 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos. O número de PCR realizadas é de 128.856.
O Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación Cetmar presentará o próximo venres os avances acadados no marco do proxecto europeo MATES, para o impulso da economía azul, e que apuntan a que o uso de combustibles alternativos e de novas fontes de enerxía renovable serán claves para o futuro do sector da construción naval, especialmente no desenvolvemento de tecnoloxías baseadas en sensores e redes intelixentes, e o uso de big data. Os progresos logrados polos investigadores daranse a coñecer durante a celebración do seminario virtual Fomento de la Economía Azul en el Atlántico: Estrategia de Formación y Capacitación a través da plataforma online Webex.
A reapertura do comercio galego o 4 de maio (con cita previa e en establecementos de menos de 400 metros cuadrados) xerou dúbidas e inquedanzas na poboación galega, e por iso o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ven de desenvolver unha campaña informativa, coa entrega de recomendacións para a prevención ante o coronavirus. Esta información foi consensuada co sector a antes de ser enviada. A campaña de divulgación contempla o envío de elementos informativos, en forma de carteis ou folletos, que incluirán as recomendacións da Xunta, e se distribuirán en todos os establecementos para que os teñan nos mostradores ao dispor do público, ademais dunha acción en redes sociais empregando a etiqueta #SeguimosAdiante.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.136, deles 283 son da área da Coruña, 72 da de Lugo, 190 da de Ourense, 56 da de Pontevedra, 328 da área de Vigo, 176 da de Santiago, e 31 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 permanecen en UCI, 92 están en unidades de hospitalización e 1.029 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.281 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos. O número de PCR realizadas é de 127.359.
O Conselleiro de Sanidade compareceu en rolda de prensa telemática para informar que o Sergas xa lle trasladou un informe ao Ministerio de Sanidade no que solicita o pase da comunidade galega á segunda fase da desescalada. Na compaña do director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, e máis o subdirector de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada, Almuíña destacou as medidas de fortalecemento que incorporou nas últimas semanas o Sergas á hora de detectar e diagnosticar novos casos sospeitosos de infección por COVID-19, como a nova plataforma de seguimento de contactos de persoas infectadas ou o reforzo dos laboratorios de microbioloxía cos que xa se poden realizar 6.500 probas ao día.
A xornada Apaixónate 2020 arranca hoxe a súa cuarta edición, que se desenvolverá durante toda a semana en modalidade en liña, con pequenas intervencións e relatorios de aproximadamente media hora de duración abertos a todos os docentes a través da súa aula de formación virtual, nos que participan recoñecidos profesionais de distintos ámbitos como o rural, a empresa, a ciencia, a comunicación ou as artes. A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, abriu hoxe a xornada cunha intervención virtual na que destacou que a paixón vai estreitamente ligada á motivación en calquera ámbito.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.171, deles 276 son da área da Coruña, 75 da de Lugo, 207 da de Ourense, 57 da de Pontevedra, 339 da área de Vigo, 182 da de Santiago, e 35 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 17 permanecen en UCI, 93 están en unidades de hospitalización e 1.061 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.204 persoas curadas, rexistrándose 607 falecementos. O número de PCR realizadas é de 126.758.
« Anterior | 3  de  8 | Siguiente »

Archivo

2024 (194)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES