Archivo (5 del 2020)

Buscador

Noticias

A Xunta e representantes do sector acordaron incrementar o aforo dos establecementos hostaleiros ao 50% a partir da próxima semana. A decisión, que xa foi avanzada o pasado domingo polo presidente do Goberno galego, abordouse nun encontro entre representantes sectoriais e o conselleiro de Cultura e Turismo. A intención é que se aprobe na próxima xuntanza do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) co obxectivo de que os bares, cafeterías ou restaurantes poidan aplicalo a partir do próximo luns. O acordo chega despois de que nas últimas instrucións publicadas no BOE para os territorios na fase 2 da desescalada, o Goberno central autorizase ás distintas Comunidades a ampliar o aforo máximo no interior dos establecementos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 823, deles 205 son da área da Coruña, 54 da de Lugo, 107 da de Ourense, 38 da de Pontevedra, 254 da área de Vigo, 143 da de Santiago, e 22 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 5 permanecen en UCI, 49 están en unidades de hospitalización e 769 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.798 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos. O número de PCR realizadas é de 137.544.
A Xunta vén de convocar unha nova edición do seu Encontro de Artistas Novos (EAN) que en 2020 cumpre dez anos ao redor da arte emerxente e a creación contemporánea. O EAN10 ofrece a corenta novos creadores a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no complexo da Cidade da Cultura durante a que presentar o seu proxecto creativo, ademais de optar a realizar unha intervención artística nas Torres Hejduk do complexo, co Camiño de Santiago como eixo. Como novidade nesta edición, e enmarcado no Plan de reactivación do sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados do coronavirus, a participación no programa estará circunscrita a artistas nados e/ou residentes en Galicia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 834, deles 207 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 121 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 250 da área de Vigo, 137 da de Santiago, e 25 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 7 permanecen en UCI, 52 están en unidades de hospitalización e 775 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.764 persoas curadas, rexistrándose 614 falecementos. O número de PCR realizadas é de 136.059.
Esta primeira convocatoria de consolidación da Business Factory Food está aberta ata o 8 de xuño e terá unha duración de 12 meses. Os proxectos que queiran presentarse deben ser empresas xa constituídas, con menos de seis anos de antigüidade, cun produto ou servizo definido e primeiras vendas xa realizadas. Con motivo da situación xerada pola crise sanitaria da covid-19, incorpórase un novo reto a esta convocatoria de consolidación enfocado a buscar proxectos que poidan ser aplicables ao sector alimentario e á súa cadea de valor e que supoñan unha innovación, en sentido amplo, dirixida a fortalecer a resiliencia da industria alimentaria de Galicia fronte a situacións de emerxencia derivadas de pandemias.
Alberto Núñez Feijóo insistiu novamente na petición de que se permita a mobilidade entre as catro provincias galegas. Durante a undécima videoconferencia co Goberno central e os outros presidentes autonómicos, Feijóo considerou que a mobilidade provincial “debería estar autorizada desde xa, en todo caso, para visitar a familiares de segundo grao, para as visitas aos menores tutelados e para visitar aos maiores que estean nunha residencia dunha provincia distinta á que viven os seus fillos ou netos”. “E tamén entendemos que se debe permitir aos estudantes ir a recoller as súas pertenzas aos pisos ou residencias que están nunha provincia distinta á dos seus domicilios”.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 854, deles 207 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 127 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 255 da área de Vigo, 145 da de Santiago, e 26 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 permanecen en UCI, 60 están en unidades de hospitalización e 783 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.740 persoas curadas, rexistrándose 614 falecementos. O número de PCR realizadas é de 135.464.
219 dos 313 concellos galegos, é dicir, o 70%, quedan libres xa na súa totalidade de franxas horarias para pasear e facer deporte en base aos novos criterios establecidos hoxe polo Goberno central. Tamén poden abrir os espazos interiores de bares e restaurantes. Trátase de concellos de menos de 10.000 habitantes que teñen unha densidade poboacional inferior a 100 habitantes por quilómetro cadrado. A gran maioría deles xa tiñan parroquias libres de franxas pero agora amplían esa potestade a todo o seu termo municipal e tamén ven reducidas as medidas de confinamento.
A Xunta de Galicia prolongará ata finais de 2020 a súa axuda extraordinaria aos beneficiarios do Bono de Alugueiro Social de tal xeito que non teñan que aboar nada pola renda da súa vivenda durante o que resta de ano. Esta medida, en virtude da cal o Goberno autonómico asume o 100% do custo do alugueiro, fíxose efectiva por primeira vez no mes de abril e volveu repetirse en maio. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se resolve a concesión directa da axuda complementaria á dos programas do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 990, deles 252 son da área da Coruña, 63 da de Lugo, 160 da de Ourense, 50 da de Pontevedra, 273 da área de Vigo, 161 da de Santiago, e 31 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 13 permanecen en UCI, 72 están en unidades de hospitalización e 905 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.505 persoas curadas, rexistrándose 608 falecementos. O número de PCR realizadas é de 130.424.
« Anterior | 2  de  8 | Siguiente »

Archivo

2024 (177)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES