Archivo (5 del 2020)

Buscador

Noticias

A Xunta de Galicia porá a disposición dos concellos a plataforma Praias Seguras de Galicia para facilitarlles a xestión do acceso dos cidadáns aos areais este verán. Esta ferramenta permitirá aos cidadáns obter unha acreditación para acceder a unha praia determinada nunha data seleccionada, cun mecanismo similar ao empregado na praias das Catedrais. A plataforma integrará a información do catálogo galego de praias do Instituto de Estudo do Territorio, que ofrece información xeográfica de cada areal para poder determinar a súa capacidade de carga máxima. Nos vindeiros días a Xunta presentará a plataforma á FEGAMP para que aqueles concellos interesados en empregala poidan adherirse ao seu uso a través da sinatura dun convenio.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.199, deles 277 son da área da Coruña, 77 da de Lugo, 209 da de Ourense, 62 da de Pontevedra, 352 da área de Vigo, 187 da de Santiago, e 35 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 18 permanecen en UCI, 94 están en unidades de hospitalización e 1.087 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.155 persoas curadas, rexistrándose 606 falecementos. O número de PCR realizadas é de 125.832.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 1.510, deles 331 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 277 da de Ourense, 93 da de Pontevedra, 401 da área de Vigo, 244 da de Santiago, e 65 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 19 permanecen en UCI, 102 están en unidades de hospitalización e 1.389 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 8.820 persoas curadas, rexistrándose 604 falecementos. Trala revisión clínica dos casos, hai que engadir dous falecementos. Son un home de 70 anos e outro de 78 que estiveran ingresados no CHUS. O número de PCR realizadas é de 124.108.
Alberto Núñez Feijóo, mantivo unha reunión cos representantes das principais formacións políticas galegas para coñecer a súa opinión sobre unha posible convocatoria electoral, despois de terlles enviado onte catro informes de expertos sanitarios e un informe xurídico no que se conclúe que se poderían convocar eleccións á maior brevidade e que o principio do verán sería o momento máis seguro. Feijóo mantivo un encontro presencial cos representantes de PPdeG -Pedro Puy-, PSdeG -Gonzalo Caballero-, BNG -Ana Pontón- e Podemos -Antón Gómez-Reino; estiveron a través de videoconferencia os representantes de En Marea -Francisco Casal- e de Ciudadanos –Beatriz Pino-.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.008, deles 494 son da área da Coruña, 122 da de Lugo, 320 da de Ourense, 107 da de Pontevedra, 478 da área de Vigo, 413 da de Santiago, e 74 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 22 permanecen en UCI, 111 están en unidades de hospitalización e 1.875 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 8.283 persoas curadas, rexistrándose 601 falecementos. O número de PCR realizadas é de 122.456.
A rede de museos da Xunta de Galicia súmase á celebración o vindeiro luns 18 de maio do Día Internacional dos Museos, que este ano pon o foco na igualdade, a diversidade e a inclusión e na celebración de actividades dixitais e en liña. Durante todas estas semanas de confinamento, estes equipamentos culturais están a desenvolver un amplo abano de iniciativas a través da campaña #aculturasegue, á que se sumarán numerosas accións nos seguintes centros: Museo de Belas Artes da Coruña, Centro Galego de Arte Contemporánea, Museo das Peregrinacións de de Santiago, Museo Etnolóxico de Ribadavia, Museo Arqueolóxico de Ourense, Museo Massó de Bueu e Museo do Castro de Viladonga (Lugo).
O Comité de Expertos Económicos de Galicia, en cuxa reunión participou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aposta por impulsar novas medidas para facilitar o financiamento das empresas no actual contexto económico a causa do COVID-19, reforzando a solvencia das compañías e o seu crecemento a través de diferentes instrumentos financeiros. Segundo se avaliou no encontro, o papel da Administración debe ser especialmente activo para apoiar os procesos de adaptación dos actores económicos, promovendo instrumentos flexibles e que permitan captar fondos que lles aseguren capacidade suficiente para levalos a cabo. Tamén se fixo fincapé en que é estratéxico fortalecer o tamaño do tecido empresarial.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, convocou este mediodía aos partidos políticos galegos para abordar a convocatoria electoral, tras coñecer os informes dos expertos que sitúan o principio do verán como o momento máis seguro. “Acabo de remitir estes informes aos partidos políticos para que poidan avalialos e convócoos a unha reunión mañá para escoitar a súas opinións e reflexións. A partir da opinión dos expertos -e tamén escoitarei a opinión dos partidos políticos-, tomarei a decisión que creo sexa a máis responsable”. O responsable do Executivo resaltou que o informe xurídico subliña que se dan as condicións xurídicas para a convocatoria e celebración das eleccións, considerando que as condicións poden ser peores no outono.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.074, deles 516 son da área da Coruña, 117 da de Lugo, 321 da de Ourense, 108 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 424 da de Santiago, e 76 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 21 permanecen en UCI, 123 están en unidades de hospitalización e 1.930 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 8.157 persoas curadas, rexistrándose 601 falecementos. O número de PCR realizadas é de 120.424.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.179 deles 532 son da área da Coruña, 124 da de Lugo, 333 da de Ourense, 110 da de Pontevedra, 565 da área de Vigo, 436 da de Santiago, e 79 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 22 permanecen en UCI, 144 están en unidades de hospitalización e 2.013 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.996 persoas curadas, rexistrándose 597 falecementos. O número de PCR realizadas é de 118.665.
« Anterior | 4  de  8 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES