Archivo (3 del 2020)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 3.758, deles 817 son da área da Coruña, 371 da de Lugo, 520 da de Ourense, 366 da de Pontevedra, 928 da área de Vigo, 547 da de Santiago, e 209 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 147 permanecen en UCI, 822 están en unidades de hospitalización e 2.789 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 187 altas de pacientes e 94 falecementos.
Galicia reduciu no ano 2019 a súa ratio de débeda/PIB por terceiro ano consecutivo e incluso logrou baixar o seu volume de débeda por primeira vez en máis de 30 anos, xa que é a primera baixada que se rexistra desde o ano 1988, segundo mostran os datos oficiais publicados polo Banco de España. A ratio de débeda/PIB de Galicia mellorou seis décimas no último ano, ao pasar do 18,1% ao 17,5%, o que supón o nivel de endebedamento máis baixo desde o ano 2013. O volume de débeda da Comunidade Autónoma tamén se reduciu no último ano, ao pasar de 11.342 a 11.315 millóns de euros, un 0,24% menos. Galicia conseguiu acadar estas dúas baixadas –na ratio débeda/PIB e no volume de débeda– pese ao impago de máis de 200 millóns de euros do IVE de 2017 non aboado polo Goberno central o pasado ano.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, en rolda de prensa, novas medidas para afrontar a pandemia do coronavirus, tanto no eido sanitario como no eido das residencias de maiores e de discapacitados internos, entre as que destacou a posta en marcha de dous hospitais de reforzo para ampliar toda a planta hospitalaria pública e privada coa que conta a Comunidade. Logo de manter onte unha nova reunión co comité clínico, na que se avaliou a situación da pandemia, Feijóo explicou a decisión de que a xerencia da área de saúde da Coruña e da área de saúde de Santiago inicien todos os preparativos para instalar dous hospitais de reforzo: un na cidade da Coruña e outro na cidade de Santiago.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 3.476, deles 807 son da área da Coruña, 289 da de Lugo, 479 da de Ourense, 348 da de Pontevedra, 866 da área de Vigo, 529 da de Santiago, e 158 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 134 permanecen en UCI, 766 están en unidades de hospitalización e 2.576 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 168 altas de pacientes e 79 falecementos. Os ultimos falecementos corresponden a unha muller de 86 anos, e dous varóns de 89 e 79, todos eles ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
A Xunta de Galicia pon en marcha esta semana na Cidade da Cultura o programa Aventuras no monte das artes, unha actividade en liña que achegará ás familias contidos para que a cativada explore as súas habilidades artísticas a través de xogos e divertidos desafíos. Trátase de ofrecer recursos culturais e de lecer neste momento de confinamento e no marco da campaña da Consellería de Cultura e Turismo #aculturasegue. A través da personaxe a 'Raposa Fedella' iráselles presentado ás familias –no Facebook, Instagram ou Twitter da Cidade da Cultura- desafíos e retos vencellados coa pintura, coa arquitectura, coa fotografía ou con outras disciplinas artísticas.
Logo de que o Goberno de España comunicase a decisión de adoptar medidas máis restritivas para a economía ante a pandemia do coronavirus, Alberto Núñez Feijóo trasladou a Pedro Sánchez a necesidade dun peche ordenado das actividades económicas. “Trasladeille ao Goberno central que non sería bo un peche abrupto de sectores económicos. Preocúpanos que dar ao botón de pausa poida ser dar o botón de apagado de moitas ou dalgunhas empresas e, en definitiva, de moitos ou dalgúns postos de traballo”, dixo, facendo fincapé na inquedanza que supón descoñecer o alcance e contido das industrias que van diminuír ou suspender a súa actividade.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 2.925, deles 639 son da área da Coruña, 244 da de Lugo, 415 da de Ourense, 324 da de Pontevedra, 681 da área de Vigo, 480 da de Santiago, e 142 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 122 permanecen en UCI, 707 están en unidades de hospitalización e 2.096 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 153 altas de pacientes e 61 falecementos. O número de PCR realizadas é de 14.440.
Os profesionais do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (SPDCIF) de Galicia desinfectarán un total de 351 centros de saúde e residencias na súa primeira semana de colaboración no marco da situación de emerxencia declarada por mor do coronavirus. En concreto, durante a fin de semana teñen previsto actuar nos exteriores dun total de 92 centros médicos, residencias de maiores e persoas discapacitadas, situados en concellos do rural de menos de 5.000 habitantes. O persoal do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais ten previsto percorrer ata 200 municipios galegos durante esta situación de emerxencia sanitaria.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 2.627, deles 597 son da área da Coruña, 219 da de Lugo, 371 da de Ourense, 290 da de Pontevedra, 633 da área de Vigo, 454 da de Santiago, e 63 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 110 permanecen en UCI, 652 están en unidades de hospitalización e 1.865 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 95 altas de pacientes e 50 falecementos. O número de PCR realizadas é de 12.885.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa colaboración da app Gohu, vén de activar unha canle de novas dirixida a empresas e autónomos a través da que poderán recibir toda a información de interese relacionada coas medidas que se están a adoptar desde a Xunta -especialmente no ámbito económico e laboral- con motivo do estado de alarma polo coronavirus. As persoas interesadas deben descargar a aplicación desde Google Play Store ou Apple Store; crear un usuario; e introducir o enderezo postal. Deste xeito, a plataforma poderá enviar a información ao usuario e este recibila en tempo real.
« Anterior | 1  de  8 | Siguiente »

Archivo

2024 (189)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES