Noticias

Galicia logrou reducir en 2019 o volume de débeda por primeira vez desde 1988 e baixou a ratio sobre PIB por 3º ano consecutivo

Galicia reduciu no ano 2019 a súa ratio de débeda/PIB por terceiro ano consecutivo e incluso logrou baixar o seu volume de débeda por primeira vez en máis de 30 anos, xa que é a primera baixada que se rexistra desde o ano 1988, segundo mostran os datos oficiais publicados polo Banco de España. A ratio de débeda/PIB de Galicia mellorou seis décimas no último ano, ao pasar do 18,1% ao 17,5%, o que supón o nivel de endebedamento máis baixo desde o ano 2013. O volume de débeda da Comunidade Autónoma tamén se reduciu no último ano, ao pasar de 11.342 a 11.315 millóns de euros, un 0,24% menos. Galicia conseguiu acadar estas dúas baixadas –na ratio débeda/PIB e no volume de débeda– pese ao impago de máis de 200 millóns de euros do IVE de 2017 non aboado polo Goberno central o pasado ano.

Ademais, o peso da débeda de Galicia no conxunto de España segue baixando. No peche de 2019 o conxunto da débeda autonómica ascendeu a 295.077 millóns de euros, dos cales o 3,83% é a débeda de Galicia, mentres que no peche de 2008 este indicador era do 5,31%.

Os datos do Banco de España ratifican tamén que Galicia volveu cumprir un ano máis o obxectivo de débeda, que para 2019 era do 17,9%. En todos estes anos, a Comunidade Autónoma cumpriu sempre o límite de débeda autorizado polo Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), e desde 2016 iniciou unha senda de redución do seu endebedamento que se intensificou o pasado ano.

Coas cifras publicadas hoxe polo Banco de España, Galicia consolídase como a 3ª comunidade autónoma de réxime común con menos débeda de toda España, só superada por Madrid e Canarias, toda vez que País Vasco e Navarra dispoñen de réximes forais.

Ademais, no peche do cuarto trimestre a ratio de débeda/PIB de Galicia é 6,2 puntos inferior á media autonómica, situada no 23,7%. Grazas a este mellor comportamento respecto ao resto das comunidades autónomas, Galicia evitou na última década a emisión de máis de 4.000 millóns de euros de débeda.

Menor aumento de débeda desde 2008

Os datos do Banco de España ratifican que Galicia é a comunidade autónoma que menos incrementou o seu volume de débeda nos últimos once anos. Así, o aumento da débeda pública en Galicia desde decembro de 2008 é o menor de toda España, xa que o incremento rexistrado en Galicia representa 110 puntos inferior ao do conxunto de España.

Mellor posición financeira para afrontar o coronavirus

A redución do endebedamento nos últimos exercicios fai que Galicia estea nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos do coronavirus. De feito, Galicia xa ten en marcha un plan extraordinario para dotar de liquidez á tesourería da Comunidade Autónoma, o que permitirá dispoñer de ata 1.800 millóns de euros para axilizar pagamentos e afrontar gastos imprevistos.

R., 2020-03-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES