
Este servizo é totalmente gratuíto, e ten xa preto de 1000 usuarios rexistrados. Con esta nova ferramenta, a Xunta busca estar máis preto dos autónomos e empresarios nestes momentos de dificultade, achegándolles información sobre as medidas das que se poden beneficiar para minimizar o impacto do coronavirus nos seus negocios. E súmase a outras medidas como a Liña Empresas posta en marcha nos últimos días: un teléfono gratuíto (900 815 600) para atender consultas sobre a tramitación dos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE).
Así, desde a Xunta estanse impulsando accións para permitir que o tecido empresarial galego conte cos fondos necesarios para facer fronte ao seu día a día, como a liña de financiamento a través de préstamos, o aprazamento das cotas de amortización e xuros dos préstamos formalizados coa Xunta -a través do Igape e XesGalicia-, ou unha liña de financiamento para cubrir as necesidades de reestruturación produtiva e poder fabricar material sanitario. No eido da prevención, tamén se elaborou unha guía con especial atención aos traballadores, que foi editada polo Issga coa colaboración da Confederación de Empresarios de Galicia e os principais sindicatos.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.