
O Servizo de Educación, Mediación e Atención ao Visitante do Museo Centro Gaiás deseñou este programa adaptando os contidos dun xeito pedagóxico. O obxecto é que esta aproximación ás artes sexa unha experiencia dinámica, estimulante e divertida na que os máis pequenos e pequenas poñan en práctica o seu enxeño e habelencias, á vez que lles supoña unha aproximación desde o xogo e as tecnoloxías.
Aventuras no monte das artes arranca esta semana e os primeiros protagonistas dos desafíos que lanzará a 'Raposa Fedella' serán os misterios do cadro El paraíso terrenal, de Pieter Brueghel 'O Novo' ou a Biblia Kennicott, entre outras pezas da exposición Galicia, un relato no mundo. Nestas propostas procurarase fomentar a pescuda e tamén a resolución por parte dos rapaces, pero sen apremiar nos tempos para que esta aproximación e interacción se adapte aos ritmos das familias nestas circunstancias excepcionais.
Máis contidos en liña no web do Gaiás
Aventuras no monte das artes súmase aos contidos en liña que a Cidade da Cultura puxo en marcha ante a imposiblidade de programación presencial polas medidas de confinamento. Deste xeito, o Gaiás incorpórase á programación nas redes sociais de #aculturasegue que están a levar a cabo museos, bibliotecas, teatros, arquivos e gran parte do sector cultural galego para tirar proveito destas ferramentas en liña co obxecto de achegarlles aos fogares arte, danza, literatura, etc. sempre desde o paraugas de lecer cultural dixital de calidade, que propicie a creación e consolidación de bos hábitos e prácticas culturais.
A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia Pajarito, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.