Archivo (3 del 2020)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 2.211, deles 552 son da área da Coruña, 140 da de Lugo, 302 da de Ourense, 260 da de Pontevedra, 509 da área de Vigo, 388 da de Santiago, e 60 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 98 permanecen en UCI, 556 están en unidades de hospitalización e 1.557 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 67 altas de pacientes e 44 falecementos. O último falecemento corresponde a un varón de 90 anos, que estaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que tiña patoloxías previas.
A candidatura da Ribeira Sacra logra finalmente dar o último paso e estar entre as 24 propostas de inscrición elixidas para ser presentada e sometida a estudo e debate na 45ª sesión do Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO, que se celebrará en sede aínda por determinar durante 2021. A paisaxe cultural galega acaba de lograr ser aceptada como a proposta de España para esta sesión, e entra en avaliación para a súa posible inclusión na prestixiosa lista da que xa forman parte a Cidade Vella de Santiago, o Camiño Francés, os Camiños do Norte, a Muralla de Lugo e a Torre de Hércules. Esta candidatura está baseada nun profundo e importante traballo técnico no que se destaca o valor universal excepcional desta zona.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, confirmou a suspensión dos prazos para a presentación das autoliquidacións dos impostos de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, de sucesións e doazóns e os tributos do xogo. Feijóo explicou que todas as autoliquidacións destes impostos poderán ser presentadas ata o 30 de xuño de 2020 ou ata un mes despois da finalización do estado de alarma. Do mesmo xeito, subliñou que esta decisión beneficiará a 32.000 persoas ou empresas cada mes, o que suporá unha perda de recadación por parte da Xunta de 35 M€ ao mes mentres estea vixente esta suspensión de prazos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.832, deles 438 son da área da Coruña, 128 da de Lugo, 231 da de Ourense, 222 da de Pontevedra, 462 da área de Vigo, 302 da de Santiago, e 49 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 86 permanecen en UCI, 499 están en unidades de hospitalización e 1.247 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 47 altas de pacientes e 36 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a catro varóns: un deles de 63 anos que estaba ingresado en Ourense; ademais doutro home de 74 anos ingresado no Hospital de Montecelo; outro de 87 anos que estaba ingresado en Santiago; e outro home, tamén de 87 anos que estaba ingresado en Ferrol.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe na súa intervención na Deputación Permanente novas iniciativas que a Xunta porá en marcha para facer fronte á situación xerada pola pandemia do coronavirus e que serán avaliadas no Consello, que se celebrará mañá venres. Así, nun primeiro termo, avanzou a publicación nos próximos días dunha nova orde para ampliar os contratos de 145 facultativos máis –médicos, farmacéuticos, psicólogos e radiofísicos-, ademais de 22 enfermeiros. Este proceso sumarase á orde publicada onte mesmo no DOG e que permitirá ampliar desde o próximo 1 de abril os contratos de 160 médicos residentes e 31 enfermeiros especialistas residentes, que están no seu último ano de formación.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou esta tarde que a Xunta habilitará dúas residencias integradas para a atención das persoas maiores usuarias deste servizo que dean positivo por coronavirus e precisen máis asistencia sanitaria que a que reciben no seu centro. Os que requiran hospitalización, por suposto serán hospitalizados. Logo de precisar que estes centros contarán cun control sanitario intensivo e que os pacientes serán trasladados ao hospital sempre que o requiran, subliñou que para Pontevedra e Ourense se habilita un centro con 93 prazas en Baños de Molgas. E para Coruña e Lugo, habilítase a residencia Porta do Camiño, en Santiago, con 84 prazas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.598, deles 389 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 186 da de Ourense, 202 da de Pontevedra, 396 da área de Vigo, 288 da de Santiago, e 38 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 69 permanecen en UCI, 409 están en unidades de hospitalización e 1.120 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 25 altas de pacientes e 30 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a dous varóns de 82 anos, que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e que tiñan patoloxías previas; e a outro varón de 74 anos, que estaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que tamén tiña patoloxías previas.
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central. No encontro houbo consenso xeneralizado de manter o calendario escolar, co obxectivo de transmitir unha mensaxe de continuidade e normalidade respecto ao ámbito académico. Nesta liña, acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre.
A Axencia Galega de Innovación (Gain) ten aberta unha chamada a todos os axentes do ecosistema galego de innovación que teñan algunha proposta ou proxecto que poida contribuír á loita contra o coronavirus. Búscanse solucións innovadoras que se poida desenvolver de xeito inmediato e que poderán ser presentadas ata o vindeiro venres 27 de marzo. Trátase de proxectos para ámbitos directamente relacionados co brote de COVID-19, como, por exemplo, novos dispositivos de intervención ou tratamento; solucións innovadoras para fabricación de ventiladores invasivos; equipos de protección individuais ou colectivos (mascarillas, cortinas, traxes, gorros, luvas...); detección e destrución do virus; sistemas ou produtos de desinfección.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.374, deles 359 son da área da Coruña, 97 da de Lugo, 152 da de Ourense, 179 da de Pontevedra, 312 da área de Vigo, 239 da de Santiago, e 36 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 54 permanecen en UCI, 337 están en unidades de hospitalización e 983 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 19 altas de pacientes e 22 falecementos. Os últimos falecidos eran un varón de 83 anos, que estaba ingresado no Hospital da Mariña, e que tiña patoloxías previas; e outro varón, de 61 anos, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e tamén tiña patoloxías previas.
« Anterior | 2  de  8 | Siguiente »

Archivo

2024 (177)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES