
A Xunta de Galicia congratúlase desta boa nova, froito do traballo e esforzo conxunto das administracións e a sociedade civil, e que abre importantes perspectivas de crecemento e desenvolvemento sostible para este territorio; agradecendo especialmente a participación das deputacións de Ourense e Lugo, dos concellos da contorna e das diferentes entidades locais, como o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, entre outras, que, co seu traballo, lograron crear as condicións axeitadas para o desenvolvemento do expediente.
O valor universal excepcional
Neste sentido, cómpre lembrar que a devandita candidatura está baseada nun profundo e importante traballo técnico, impulsado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo, no que se destaca o valor universal excepcional desta zona en base ao cumprimento dos criterios III, IV, e V das 2017-Operational Guidelines.
Así, a Ribeira Sacra constitúe unha testemuña excepcional da cristianización do Occidente de Europa. Neste territorio desenvolveuse un movemento ascético de eremitas e anacoretas que ocuparon os vales do Sil e do Miño, que co tempo foi substituído por unha fecunda implantación monacal que chega até os nosos días. Precisamente, esta espiritualidade xoga un papel moi importante na candidatura.
Ademais, este territorio representa tamén un exemplo único do monacato de Occidente e da sacralización do territorio, grazas a uns conxuntos arquitectónicos de extraordinaria singularidade que ilustran 1500 anos de historia. O paso do eremitismo ao monacato e a posterior expansión beneditina deixou un bosque de igrexas que ilustran a riqueza e variedade da arquitectura románica dos séculos XII e XIII.
Á marxe do importante patrimonio cultural e arquitectónico, a Ribeira Sacra tamén é unha paisaxe viva e o máximo expoñente da relación entre home e natureza. Proba dista interacción do ser humano co medio son as monumentais terrazas nas ladeiras dos canóns do Sil e o Miño para a explotación dunha agricultura de subsistencia baseada no policultivo. A esencia desta paisaxe antrópica atopámola con todos os seus matices nos terreos de ribeira e bocarribeira.
O Plan Ribeira Sacra
A maiores do sólido proxecto técnico, desde o Goberno galego impulsouse o Plan Ribeira Sacra. Plan de xestión da paisaxe cultural 2020-2023. Unha ferramenta para o desenvolvemento desta zona e que supón un paso relevante no camiño cara á súa inclusión na lista do Patrimonio Mundial da Unesco.
Trátase dun instrumento de planificación que compromete máis de 34 M, articulado en sete programas e 35 accións, que se desenvolverán en 25 concellos nos que viven máis de 60.000 persoas. O Plan contempla melloras en eidos como o patrimonio e paisaxe cultural; a ordenación do territorio; a conservación dos valores naturais e medio ambiente; o desenvolvemento económico sustentable, a xestión do turismo; a educación, formación e investigación ou a comunicación e participación.
A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia Pajarito, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.