Archivo (2 del 2020)

Buscador

Noticias

O sector agroalimentario xera en Galicia un total de 103.521 postos de traballo, o que supón un 9,3% do traballo total, e achega un 6,9% do Produto Interior Bruto (PIB) da economía autonómica (4.126 millóns de euros), segundo un estudo sobre a actividade publicado hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE) e elaborado a partir de datos de 2017. As actividades primarias son as que predominan, especialmente en termos de emprego, xa que o 69,4% dos postos de traballo do sector proveñen das mesmas. A rama con máis xeración de valor e con máis postos de traballo creados é a ‘Agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados con elas’. Séguelle en importancia a ‘Pesca’ e a ‘Industria de procesamento e conservación de peixes, crustáceos e moluscos’.
A economía galega repuntou no 4º trimestre do ano ao rexistrar un crecemento interanual do 1,8%, unha décima máis que o trimestre anterior, ao tempo que creou 14.903 postos de traballo a tempo completo asalariados, segundo os datos de contabilidade trimestral publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE). No último trimestre do ano, o Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 1,8% en taxa interanual, unha décima máis que no trimestre anterior. En canto á evolución sobre o terceiro trimestre, os datos do IGE mostran que a economía galega rexistrou un avance do 0,5% en taxa trimestral, tamén unha décima máis que no trimestre anterior.
Resolveuse a convocatoria do concurso de deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller e no que participou alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de Bacharelato e Formación Profesional cun total de 139 propostas de centros educativos de Galicia. O obxecto do concurso foi fomentar a promoción da igualdade dentro dos centros educativos galegos, a través dunha acción que permita visibilizar a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero, así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.
Chámase ELBA (‘Establishment of training and research centers and course development on Intelligent Big Data Analytics in Central Asia’), e durante o vindeiros tres anos contribuirá a mellorar a capacitación e formación de investigadores europeos e asiáticos no ámbito da análise de grandes cantidades de datos. O novo proxecto, que arrincou oficialmente hoxe coa reunión de lanzamento na ETSE (Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC), estará en vigor ata finais de 2022 e disporá dunha dotación orzamentaria próxima ao millón de euros (994.968€). Un consorcio liderado desde o CiTIUS polo investigador David E. Losada, que conta coa participación dos tamén investigadores do centro Paula López e Tomás Fernández Pena e o Servizo de Relacións Exteriores da USC (SRE).
Ricardo Carvalho Calero residiu en Ferrol apenas 29 dos seus 80 anos de vida, en tres etapas. Os longos espazos de tempo lonxe da súa patria nativa debéronse aos seus estudos universitarios, á expatriación involuntaria a conta da sublevación militar de 1936, á guerra subseguinte, á estadía no cárcere como preso político e, desde 1950, á docencia en Lugo e en Compostela. Concibido en principio como separata da Revista Ferrol-Análisis, o volume aborda o Ricardo Carvalho Calero máis ferrolán e é obra dos ferrolterrás de orixe ou adopción Antonio Blanco Carballo, Esperanza Piñeiro de San Miguel, Bernardo Máiz Vázquez (coordinador), Delia Vázquez, Xosé Mª Dobarro Paz, Ramón Loureiro, Jose-Martinho Montero Santalha, Xaime Bello Costa e Elvira Roiz Mesías.
Os mozos galegos contarán cun novo Plan estratéxico de xuventude, con 125 medidas para os ámbitos do emprego, o rural, a creatividade, a formación, a participación e o Xacobeo 2021. Na súa elaboración tivéronse en conta as prioridades da mocidade, a través de encontros provinciais e de cuestionarios de valoración das políticas da Administración autonómica, que supuxeron contar coa opinión de máis dun milleiro de mozos. Entre as novas iniciativas que contempla o plan destaca a convocatoria, nas vindeiras semanas, dunha nova liña de axudas para a obtención do carné de conducir de tipo B e C , un dos principais requisitos para acceder a un posto de traballo.
Inícianse os trámites para promover a declaración de Ben de Interese Cultural da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, tendo en conta que se trata dunha tradición cunha acreditada historicidade que salienta a función do patrimonio cultural inmaterial na sociedade como elemento de carácter identitario para o Conxunto da comunidade. Anualmente, o domingo seguinte ao Corpus Christi ten lugar en Lugo un acto institucional e relixioso no que participan os mandatarios das antigas capitais do Reino de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Betanzos e Tui. Trátase da ofrenda ao Santísimo e a súa posterior procesión pola cidade, coa que cumpren co voto solemne que fixeron en 1669.
Galicia tivo presenza hoxe en Bruxelas na segunda reunión de CIVEX do novo mandato 2020-2025 do CdR. Dos catro debates celebrados, salienta o dedicado a como utilizar as novas ferramentas dixitais para mellorar os servizos públicos e achegar o proceso de toma de decisións o máis posible aos cidadáns. Este debate precede á elaboración dun ditame que será aprobado o próximo verán e encádrase na nova política dixital europea que vén de anunciar a Comisión Europea. Galicia presentou o camiño percorrido dende a adopción dunha primeira axenda dixital en 2010 ata a actual Axenda Dixital 2020, pasando pola aprobación da Lei da Administración Dixital de Galicia o ano pasado.
O espectáculo Os nenos da varíola, da compañía Pérez&Fernández en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), estréase este venres 28 no Salón Teatro de Santiago, onde poderá verse ata o domingo 1 de marzo. A novela homónima de María Solar cobra así vida sobre as táboas, recuperando para os espectadores as historias dalgúns dos protagonistas da Expedición Balmis, grazas á que a vacina da varíola chegou a América e a Asia desde A Coruña. A compañía colabora con esta proposta escénica tanto a través do seu programa de coproducións como do de residencia, no marco do que o equipo de Os nenos da varíola conta tamén co apoio e as instalacións do CDG.
Neste Observatorio participan a Xunta, o Instituto Galego de Estatística, a Delegación do Goberno, a Federación Galega de Municipios e Provincias, as tres Universidades, a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza, os sindicatos, a Confederación de Empresarios e a Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia. A conselleira de Política Social, Fabiola García, presidiu hoxe a constitución do Observatorio Galego da Familia e a Infancia, organismo colexiado e de carácter participativo que terá por obxecto asesorar, estudar e propoñer actuacións nesta materia. Deste xeito, Galicia dótase dun novo instrumento para ter un maior coñecemento sobre a realidade das familias e das nenas e nenos en todos os seus ámbitos e para avanzar nunha estratexia común para o seu benestar.
« Anterior | 1  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (167)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES