Noticias

Constitúese o Observatorio Galego da Familia e da Infancia para avanzar nunha estratexia común neste eido

Neste Observatorio participan a Xunta, o Instituto Galego de Estatística, a Delegación do Goberno, a Federación Galega de Municipios e Provincias, as tres Universidades, a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza, os sindicatos, a Confederación de Empresarios e a Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia. A conselleira de Política Social, Fabiola García, presidiu hoxe a constitución do Observatorio Galego da Familia e a Infancia, organismo colexiado e de carácter participativo que terá por obxecto asesorar, estudar e propoñer actuacións nesta materia. Deste xeito, Galicia dótase dun novo instrumento para ter un maior coñecemento sobre a realidade das familias e das nenas e nenos en todos os seus ámbitos e para avanzar nunha estratexia común para o seu benestar.

Fabiola García enmarcou este Observatorio no cumprimento da Lei de apoio á familia e convivencia de Galicia e da Estratexia Galega de Infancia e Adolescencia e afirmou que os dereitos e a protección destes dous colectivos ten que continuar entre as prioridades da axenda das administracións. Tamén explicou que neste organismo terán voz os representantes de institucións e expertos que traballan no eido da familia e da infancia co gallo de deseñar as políticas públicas dos vindeiros anos neste campo.

Este novo Observatorio responde á mesma filosofía que o demográfico. Neste caso, está presidido pola conselleira de Política Social e conta coa participación de todas as áreas do Goberno galego, ademais dun vogal en representación dos órganos que dependen da Presidencia da Xunta. Así mesmo, están representados o Instituto Galego de Estatística (IGE), a Delegación do Goberno en Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), as tres Universidades galegas, a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, as centrais sindicais, a Confederación de Empresarios de Galicia e a Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia.

Entre as súas funcións está a elaboración de estudos e investigacións para detectar mellor as necesidades das familias e a infancia. Tamén poderá propoñer liñas estratéxicas e plan de intervención, así como coordinar as actuacións das administracións nestes ámbitos e canalizar as iniciativas das organizacións sociais.

R., 2020-02-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES