Archivo (12 del 2020)

Buscador

Noticias

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, demandou hoxe ao Goberno de España un reparto equitativo e equilibrado dos investimentos para que non se agrande a brecha entre o Corredor Mediterráneo e o Corredor Atlántico de Mercadorías. Na súa intervención esta tarde no Pazo do Hórreo, Vázquez Mourelle lamentou que os Orzamentos Xerais do Estado para 2021 non contribúan a paliar o déficit de investimentos no noroeste peninsular nin á vertebración e ao equilibrio territorial.
O proxecto Galician Skyway, que se enmarca dentro do Polo Aeroespacial de Galicia e que rematou o pasado mes de setembro, supuxo un investimento mobilizado de 10,2 millóns de euros -cofinanciado con fondos Feder do programa operativo crecemento intelixente 2014-2020 (POCInt)- e a creación de 94 empregos. Na realización do mesmo participaron entidades como Enaire, o Inta ou o centro tecnolóxico Gradiant e empresas como Televés, Centum e Soticol.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.795 deles 1.146 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 364 da de Ourense, 856 da de Pontevedra, 1.425 da área de Vigo, 817 da de Santiago, e 596 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 321 en unidades de hospitalización e 5.424 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 48.285 persoas curadas, rexistrándose 1.287 falecementos. O número de PCR realizadas é de 960.143.
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, xunto co director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade, mantivo hoxe un encontro con gandeiros da comarca coruñesa do Xallas, iniciando así unha rolda de xuntanzas para explicar as medidas que a Xunta prevé aplicar deica o ano 2025 ao abeiro da Estratexia de Dinamización do Sector Lácteo Galego. Así mesmo, destacou a normativa galega que regulará a xestión integral das dexeccións gandeiras e as figuras de mobilización que habilitará a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria, ao abeiro da cal -dixo- se seguirán decretando procesos de reestruturación parcelaria.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.927 deles 1.193 son da área da Coruña, 606 da de Lugo, 377 da de Ourense, 871 da de Pontevedra, 1.499 da área de Vigo, 785 da de Santiago, e 596 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 324 en unidades de hospitalización e 5.552 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 47.872 persoas curadas, rexistrándose 1.281 falecementos. O número de PCR realizadas é de 952.173.
A Xunta de Galicia vén de incorporar 19 novos centros ao programa de innovación educativa Introdución á robótica educativa en primaria, cuxo obxectivo é que o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción. En total participarán nesta iniciativa este curso 188 centros de toda Galicia, 67 deles da provincia da Coruña, 17 da de Lugo, 19 da de Ourense e 85 da de Pontevedra. Como novidade este ano, cada centro docente seleccionado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade nesta convocatoria recibirá unha achega económica, a determinar en función do número de centros que participen finalmente no programa no curso 2020/2021.
O Observatorio Municipal Galego fixo pública a súa última análise da situación económica-financeira dos concellos galegos e nela conclúen que “os municipios gozan, en xeral, de boa saúde e, por tanto, están en condicións de reforzar o apoio ás economías locais nestes tempos de crises”. Segundo este observatorio, iniciativa da Rede Localis, rede xestionada polo grupo de investigación GEN da Universidade de Vigo, “os indicadores amosan unha situación económica-financeira saneada, que posibilitaría non só pensar en axudas concretas para favorecer o mantemento do tecido produtivo, tan danado polas repercusións económicas e sociais da covid-19, senón en actuacións menos esixentes para as contas públicas locais".
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe reservar un lugar preferente ao naval na asignación dos fondos europeos de recuperación, e que España garanta a competencia en igualdade de condicións que outros países europeos, activando novas medidas de apoio. Durante o acto virtual de clausura da xunta xeral de accionistas de Pymar, Feijóo expuxo os compromisos que se deberían selar coa industria naval, porque “o sector -recordou- necesita un horizonte despexado, axilización e unha colaboración público-privada”.
O subcomité clínico de expertos que fai seguimento á evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar o alivio das restricións nos concellos de Neda, Fene, Burela, Oleiros, Lalín e Oroso, onde desde esta medianoite rexerán as medidas restritivas básicas; ademais de incorporar á localidade de Boiro á listaxe de concellos con restricións máximas. Tras analizar a positiva evolución epidemiolóxica nos concellos de Neda, Fene, Burela, Oleiros, Lalín e Oroso, o grupo de expertos que monitoriza a evolución da covid-19 en Galicia acordou, na xuntanza desta mañá, cambiar o nivel de restricións nestes seis municipios.
A Estratexia Galicia Dixital está dividida en 7 eixos estratéxicos e 1 transversal, que se desenvolverán en 20 programas. O primeiro destes eixos céntrase no ‘Goberno e Administración Intelixente’ para impulsar a automatización e transformación dixital dos servizos públicos e evolucionar cara un modelo intelixente de posto de traballo do empregado público, así como o expediente xudicial electrónico. O obxectivo é que en 2025 o 70% das persoas e o 85% das empresas usen a canle dixital.
« Anterior | 5  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (267)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES