Archivo (12 del 2020)

Buscador

Noticias

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presentou esta mañá en rolda de prensa o conxunto de medidas acordadas na derradeira xuntanza do Comité clínico de cara á celebración das vindeiras festas de Nadal. Así, sinalou que a recomendación principal da Xunta de Galicia é que as xuntanzas das celebracións se cingan a unha única unidade familiar, composta exclusivamente por persoas conviventes. García Comesaña puntualizou que no caso de non ser posible o cumprimento desta recomendación, o número máximo de unidades familiares aconsellado non debe exceder de dúas.
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinalou esta mañá que o estatuto electrointensivo aprobado polo Goberno responde a un criterio territorial e non a unha “verdadeira aposta pola industria”, apuntando que “non só chega tarde, senón que é insuficiente e non dá unha resposta aos grandes consumidores de enerxía no noso país”, que non poden competir en igualdade de condicións con respecto a outros países como Francia ou Alemaña. Tal e como apuntou o conselleiro, “Galicia sae unha vez máis prexudicada fronte a outros territorios”, ao recortarse as axudas á industria da Comunidade.
A Xunta de Galicia vén de presentar o Plan de Rescate para os sectores máis afectados pola Covid-19, unha nova convocatoria de axudas para microempresas e autónomos con persoal a cargo, dentro dos que se incluirían tamén establecementos hostaleiros, e que conta cun orzamento de 97 millóns de euros. Ditas axudas poden ser solicitadas ata o 28 de decembro. As contías irán desde os 4.000 ata os 5.000 euros, destinados a aqueles sectores especialmente afectados pola situación derivada da pandemia: lecer nocturno, atraccións de feira, transporte, axencias de viaxes, cines, comidas preparadas para eventos, parques de atraccións, etc.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.598, deles 929 son da área da Coruña, 470 da de Lugo, 436 da de Ourense, 867 da de Pontevedra, 1.329 da área de Vigo, 1.005 da de Santiago, e 562 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 56 están en UCI, 319 en unidades de hospitalización e 5.223 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 50.190 persoas curadas, rexistrándose 1.319 falecementos. O número de PCR realizadas é de 999.234.
Presentar unha primeira estimación do impacto da COVID-19 sobre a capacidade do Camiño Francés á hora de albergar peregrinos foi a meta do proxecto de investigación liderado por Roberto Bande Ramudo do Grupo de Análise e Modelización Económica da USC. Ao abeiro da Cátedra do Camiño e das Peregrinacións, cuxa creación foi froito da colaboración entre a USC e Turismo de Galicia, este proxecto concluíu que “o impacto da pandemia sobre a capacidade de carga pode ser cualificado como moderado”. Pola súa parte e tamén no marco da mesma convocatoria, a investigación coordinada por Dolores Riveiro García, pertencente ao mesmo grupo de investigación, constatou que o perfil do peregrino non se viu afectado pola devandita situación de alerta sanitaria.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, explicou o balance do inicio de lexislatura máis intenso “de todos os que temos vivido ata o momento”, cun Goberno centrado na pandemia pero tamén na reactivación e na Galicia do futuro: familiar, moza, verde e innovadora. “Hoxe estamos aquí porque render contas é fundamental sempre”, subliñou durante o encontro de traballo con motivo dos 100 días do actual Goberno galego. Aínda que a xestión da pandemia está a esixir a meirande parte do tempo, o esforzo e os recursos, Feijóo aseverou que o Executivo non descoida a construción da Galicia do futuro.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.560, deles 955 son da área da Coruña, 486 da de Lugo, 452 da de Ourense, 848 da de Pontevedra, 1.304 da área de Vigo, 952 da de Santiago, e 563 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 310 en unidades de hospitalización e 5.195 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 49.960 persoas curadas, rexistrándose 1.312 falecementos. O número de PCR realizadas é de 991.202.
Galicia amplía ata 7,3 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico, tal e como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo Banco de España. Ademais, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma de Galicia como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España. En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia baixa máis de medio punto con respecto ao segundo trimestre do ano e sitúase no 19,0% ao peche do terceiro trimestre.
Na categoría de mocidade, a premiada foi a sociedade limitada Fontes de Mané, polo seu campamento turístico Cabanas da Ulla e a súa combinación de servizo de aloxamento con actividade forestal no concello coruñés de Touro. En canto aos proxectos culturais e de recuperación patrimonial, resultou distinguida a iniciativa de recuperación do patrimonio material e inmaterial da aldea de Puxedo, a cargo da asociación de veciños desta aldea de Lobios, en pleno Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés. No apartado de interese social recibiu o premio o centro de prestación de servizos a persoas con discapacidade intelectual Aspadeza.
Do 14 ao 25 de outubro, o Festival Internacional de Teatro en Ourense (FITO) celebrará unha nova edición, a número trece. A cita adaptará a súa programación ás esixencias derivadas da loita contra a pandemia e contará con oito días de programación e once espectáculos que se desenvolverán na cidade de Ourense, como xa é habitual, pero tamén, e como novidade, no concello ourensá de Barbadás. O Teatro Principal de Ourense acolleu este martes a rolda de prensa de presentación do festival, no que colaboran Universidade de Vigo; Teatro Principal; Deputación de Ourense; Agadic e Concello de Barbadás.
« Anterior | 4  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES