
Por outra banda, no caso de reunirse persoas que pertencen a máis de dúas unidades familiares, o número de persoas adultas que se poden reunir non poderá exceder da cifra de 6. Sobre este último apuntamento, o conselleiro precisou que os nenos e nenas menores de 10 anos non computarían na contabilización global.
O responsable da carteira sanitaria galega explicou que é preciso limitar ao máximo as interaccións sociais durante os vindeiros días, co obxectivo de atallar a expansión do coronavirus na comunidade galega, destacando que, Galicia permanecerá pechada entre o 23 de decembro e o 6 de xaneiro, agás no caso de visitar aos familiares os días de celebración do Nadal, ou por motivos laborais, sanitarios ou educativos.
No que atinxe á mobilidade nocturna e aos horarios de regreso ao domicilio, os días 24 e 31 de decembro, o grupo de expertos que asesora ao Executivo galego fixou as 01,30 horas como límite para retorno ao fogar.
Decálogo de recomendacións para o Nadal
Co ánimo de optimizar as medidas de prevención e reducir ao máximo a expansión do virus Sars-COV-2 durante os festexos, o Comité clínico de expertos definiu un decálogo de medidas a ter en conta durante as vindeiras datas.
Así, e xunto coa recomendación de cinguir exclusivamente as xuntanzas navideñas a unidades de familiares de conviventes, aconsella que na medida do posible estas celebracións teñan lugar en espazos ao aire libre ou con boa ventilación, e en mesas de amplas dimensións.
O decálogo apunta que as mesas deben ser postas pola mesma persoa, quen ademais desinfectará as súas mans dun xeito continuo. Así mesmo, a totalidade dos comensais deberán manter a máscara durante a cea -sempre que sexa posible-, recomendando non compartir nin bebidas nin alimentos durante o festexo.
Nesta mesma liña, o conselleiro de Sanidade subliñou que as unidades familiares que se xunten nas noites do 24 e 31 de decembro deberán de ser as mesmas en ambos días, e non ter carácter rotatorio con outra familia.
Por último, o conselleiro de Sanidade lembrou que as persoas que visiten aos seus familiares durante as festas de Nadal, e procedan de territorios cun alta incidencia epidemiolóxica, teñen a obriga de inscribirse no rexistro de viaxeiros de Galicia, unha conxuntura que pode levar aparellada a realización dunha proba diagnóstica. Estas probas tamén serán extensivas a todos os estudantes que proveñan de fóra de Galicia, -independentemente do lugar de procedencia-, e incluso se lle realizara a aqueles que se desplacen polo interior da comunidade autónoma, sempre que se inscriban no rexistro de viaxeiros.
O titular de Sanidade apelou unha vez máis á responsabilidade cidadá e ao cumprimento das medidas e recomendacións establecidas, incidindo en que debemos limitar ao máximo os contactos sociais fóra das unidades familiares, pois non podemos tirar pola borda todo o traballo e esforzo que levamos realizado nestes meses.
As medidas acordadas poderán ser obxecto de modificacións de acordo á evolución epidemiolóxica que rexistre a comunidade galega, así, cómpre lembrar que o vindeiro 21 de decembro volverá reunirse o Comité clínico.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.