Archivo (1 del 2020)

Buscador

Noticias

Ábrese mañá o prazo de solicitude para as catro liñas do programa Galicia Emprega, cuxo obxectivo é favorecer a formación e a contratación de máis de 1100 mulleres, parados de longa duración, mozos e mozas, e persoas discapacitadas ou en risco de exclusión, para impulsar, deste xeito, o traballo nos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego. Galicia Emprega conta cun orzamento global de 10,5 millóns de euros para fomentar o traballo na Comunidade. Trátase de favorecer os contratos asociados á posibilidade de mellorar a formación. Inclúe catro liñas de axudas -Emprega Muller, Emprega Persoas con Discapacidade ou en Risco de Exclusión Social, Emprega Parados de Longa Duración e Emprega Xuventude-.
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI- Filmoteca de Galicia) da Consellería de Cultura e Turismo dedicará boa parte da súa programación de 2020 a celebrar o 10º aniversario do xurdimento do Novo Cinema Galego, etiqueta acuñada en 2010 baixo a que se agruparían moitos dos realizadores do país con maior proxección nesta última década. A primeira carteleira bimestral, que arrancará na Coruña o vindeiro martes 7 de xaneiro coa película chinesa Hasta siempre, hijo mío, alternará títulos galegos con cinema español, filmes de Kubrick, de Hitchcock e outras propostas ata completar 39 días de apertura ao público da sala de proxeccións.
A área de Turismo da Deputación da Coruña percorre a través dunha serie de seis vídeos os 956 km de costa da provincia, dentro da súa campaña de promoción turística. O obxectivo é difundir un dos principais recursos da provincia con imaxes do litoral desde Ortegal até Rianxo. Dando corpo ao lema da campaña de promoción turística da Deputación da Coruña "956 km de costa e un camiño infinito dan para moito", a área de Turismo difunde seis vídeos promocionais que fan un completo percorrido polo litoral da provincia desde o aire, con especial fincapé nas principais praias da costa e a paisaxe sobrecolledora dos cantís, pasando pola beleza dalgúns portos mariñeiros.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou hoxe no acto de conmemoración do 60º aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego, obra mestra de Xosé Neira Vilas da que salientou a súa capacidade de seguir transmitindo, 60 anos despois, “o orgullo pola lingua e a querenza pola literatura desde a infancia, así como por ter espertado a paixón pola lectura a numerosas xeracións de galegos e galegas” converténdose, dixo, “na obra máis lida e traducida da literatura galega, best seller e símbolo universal”.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.700, deles 1.470 son da área da Coruña, 619 da de Lugo, 764 da de Ourense, 735 da de Pontevedra, 1.260 da área de Vigo, 1.453 da de Santiago, e 399 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 57 están en UCI, 362 en unidades de hospitalización e 6.281 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 58.303 persoas curadas, rexistrándose 1.431 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.153.347.
O programa especial de apertura da Porta Santa e inicio do Xacobeo 2021-2022 emitido por streaming e pola TVG foi seguido por máis de 1,5 millóns de persoas de 33 países, que conectaron nalgún momento co programa a través das diferentes canles, redes sociais e emisións que cubriron o acontecemento. O maior número de seguidores produciuse a través das redes sociais oficiais de Turismo de Galicia e Camiño de Santiago a través das que se conectaron 1,4 millóns de persoas. Os contidos publicados nestas redes suman preto de 1,7 millóns de reproducións e máis de 25 mil likes.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.991, deles 1.224 son da área da Coruña, 531 da de Lugo, 688 da de Ourense, 751 da de Pontevedra, 1.113 da área de Vigo, 1.336 da de Santiago, e 348 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 56 están en UCI, 342 en unidades de hospitalización e 5.593 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 57.660 persoas curadas, rexistrándose 1.421 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.137.651.
As nenas e nenos galegos nados a partir do un de xaneiro xa teñen dereito á Tarxeta Benvida coas diferentes melloras introducidas para seguir apoiando a crianza e coidado dun bebé. As pequenas e pequenos nados desde o primeiro día deste 2020 verán nesta axuda importantes novidades como o aumento da contía as familias numerosas ou das que viven no rural. En canto as melloras xa implantadas, increméntase un 25% para as familias que vivan en concellos de menos de 5000 habitantes, para apoiar aos fogares con fillos no rural. Duplícase tamén a cantidade que perciben as familias polo seu terceiro fillo e sucesivos durante o primeiro ano, de xeito que recibirán 2400 euros anuais.
O paro baixou no último ano en 3987 persoas, é dicir, un 2,36% menos que en decembro de 2018, o que sitúa á Comunidade como a quinta na que máis descende o desemprego, mellorando a media estatal, que foi de -1,21%. No que respecta ás afiliacións, medran por sexto ano consecutivo (2014-2019) e, ao igual que en 2018, péchase o exercicio por riba do millón de afiliados. A Comunidade Autónoma sitúase a niveis de paro inferiores aos de antes de 2008, sumando xa sete anos de baixadas consecutivas, desde decembro de 2013. Neste tempo a cifra de paro descendeu en máis de 113.000 desempregados, é dicir, 2 de cada 5 parados abandonaron as listas do paro neste período.
O turismo internacional está a gañar cada vez máis peso na Comunidade galega ata rexistrar cifras nunca antes alcanzadas, con crecementos superiores ao 10% tanto en número de viaxeiros como no volume de noites. Así o constatan os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que fixan en máis de 1,4 millóns de turistas estranxeiros e preto de 2,5 millóns de pernoitas contabilizadas ata o mes de novembro. Así, a falta de computar os datos do mes de decembro, o mercado estranxeiro está a demostrar ser decisivo na positiva evolución do turismo galego en comparación co conxunto de España, onde Galicia está a ser o destino co mellor comportamento.
« Anterior | 6  de  7 | Siguiente »

Archivo

2025 (267)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES