Noticias

A provincia da Coruña percorre os 956 km de costa na súa campaña de promoción turística

A área de Turismo da Deputación da Coruña percorre a través dunha serie de seis vídeos os 956 km de costa da provincia, dentro da súa campaña de promoción turística. O obxectivo é difundir un dos principais recursos da provincia con imaxes do litoral desde Ortegal até Rianxo. Dando corpo ao lema da campaña de promoción turística da Deputación da Coruña "956 km de costa e un camiño infinito dan para moito", a área de Turismo difunde seis vídeos promocionais que fan un completo percorrido polo litoral da provincia desde o aire, con especial fincapé nas principais praias da costa e a paisaxe sobrecolledora dos cantís, pasando pola beleza dalgúns portos mariñeiros.

"De Ortegal a Mugardos" , "De O Barqueiro a Cariño", "De Ferrol a Malpica", "De Malpica a Fisterra" , "De Fisterra a Portosín" e "De Portosín a Rianxo" son as seis etapas deste programa audiovisual que mostra a costa da Coruña como un dos seus principais recursos de atracción turística do territorio e un dos atractivos singulares para a remontada do sector.

Os vídeos distribúense nas redes sociais da área de Turismo e as xerais da Deputación da Coruña e están accesíbeis tamén na páxina web institucional.
As imaxes arrancan co litoral do proxecto do xeoparque Cabo Ortegal que visita, ademais do propio cabo, os Cantís de Herbeira, Santo Andrés de Teixido, Punta Candieira, Cedeira, Punta Frouxeira, Cabo Prior, Ria de Ferrol e Mugardos na primeira das etapas para seguir, na segunda, no Barqueiro, Estaca de Bares, Loiba, Ortigueira e Cariño. A Ria de Ferrol, Ares, Lorbé, A Marola, A Coruña, Praia de Barrañán, Caión, Baldaio, Razo, Malpica continúan a produción que mostra a espectacular costa da Coruña, un dos seus principais atractivos dos xeodestinos turísticos da Coruña.

Desde Malpica a Cabo Fisterra, pasando por Praia de Seaia, Santo Adrián do Mar, Illas Sisargas, Punta Nariga, O Roncudo, Corme, Esteiro do Río Anllóns, Laxe, Praia de Soesto,Traba, Camelle, Paria do Trece, Monte Branco, Cemiterio dos Ingleses, Cabo Vilán, Camariñas, Punta da Barca, Cabo Touriñán e Nemiña son as imaxes que se inclúen no cuarto dos vídeos que se adentra na Costa da Morte, territorio que se completará no quinto audiovisual con imaxes de Fisterra, Castelo de Cardeal, Corcubión, Caneliñas, Monte Pindo, O Ezaro, Illas Lobeiras, Praia de Carnota, Punta Lariño, Monten Louro, Muros, Illa da Creba, Ponte Nafonso, Ría de Noia, Portosín, e as Illas Lobeiras.

Finalmente, o ciclo péchase en Rianxo, despois de pasar Portosín, Porto do Son, Castro de Baroña, Praia das Furnas, Corrubedo, Aguiño, Mirador da Pedra da Rá, Ribeira, Illa de Sálvora, Illa da Rúa, Pobra do Caramiñal e Boiro.

R., 2020-01-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Área TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES