Archivo (1 del 2020)

Buscador

Noticias

O Goberno galego entregou esta mañá no Ministerio de Cultura y Deporte a documentación da Candidatura da Ribeira Sacra para a súa revisión e envío á UNESCO que, previsiblemente, acontecerá antes concluír este mesmo mes de xaneiro. Galicia conta cun vasto patrimonio cultural material recoñecido pola UNESCO e incluído na Lista do Patrimonio Mundial: a Cidade vella de Santiago de Compostela, os Camiños de Santiago de Compostela: Camiño Francés e Camiños do Norte de España, a Muralla de Lugo e a Torre de Hércules. A Comunidade avanza agora no impulso de tres novas candidaturas: a Ribeira Sacra, as Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e a Cidade de Ferrol-Porto da Ilustración.
A Cidade da Cultura de Galicia acollerá do 25 ao 28 de marzo o I Congreso Internacional do Teatro Galego, organizado pola Academia Galega de Teatro, que presentou hoxe o programa de conferencias, mesas de traballo, comunicacións e presentacións de proxectos e publicacións, arredor do que se reunirán máis de medio centenar de profesionais que desenvolven a súa actividade en diferentes ámbitos do sector tanto en Galicia como no resto de España e noutros países, como Portugal e México. As liñas programáticas do Congreso, baixo o lema 'Co 2030 no horizonte', serán tres: Experiencia, actualidade e modelos externos, O teatro e os públicos e A creación e os seus procesos. O obxectivo, segundo os seus organizadores, é a posta en común da situación actual do teatro galego en relación coa doutros modelos internacionais.
Cun investimento de preto de 2,2 millóns de euros, AIRUS servirá para reforzar a aposta de Galicia polo sector aeroespacial que se materializa no Polo Aeroespacial de Galicia, cun investimento público-privado total de 164 millóns de euros e no que están a traballar 400 persoas en máis de 35 proxectos que están a desenvolver 50 axentes. Asemade, estase a traballar xa na continuidade da iniciativa a través dun novo proxecto que se presentará este venres no Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) en Madrid e que está vencellado co U-Space, o sistema de xestión do tráfico de vehículos non tripulados propio da Unión Europea.
O MUMI, primeiro mercado de música e cultura que se organiza entre os territorios de Galicia e Portugal, está promovido por unha asociación de empresas, profesionais e colectivos do sector a ambas beiras do Miño, co obxectivo de crear unha ponte estable de intercambio musical entre os dous países. Nel daranse cita artistas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas ou empresas de servizos e produción para establecer novas redes de contacto e coñecer propostas diferentes en primeira persoa. A súa programación profesional incluirá actividades de formación sobre cuestións técnicas, xurídicas e de promoción, speedmeetings, showcases cunha selección de artistas e bandas de Galicia e de Portugal, e unha feira sectorial.
Galicia achega máis do 60% dos proxectos que desenvolve o Consejo Jacobeo no marco do Xacobeo 2021, liderando así a remisión de propostas a este órgano de coordinación entre as autonomías polas que pasa o Camiño de Santiago e o Goberno central. En concreto, das 92 iniciativas aprobadas por este ente, un total de 58 –o 63%– foron presentadas pola Xunta de Galicia, tal e como se informou hoxe no marco da xuntanza da Comisión Organizadora do vindeiro Ano Santo, que está integrada por representantes de diferentes departamentos da Xunta, da Igrexa e do Concello de Santiago de Compostela.
O ano 2019 caracterizouse en Galicia por ser un período cálido e húmido. Esta é a principal conclusión do balance climatolóxico realizado por MeteoGalicia, que no avance do seu informe anual subliña sobre todo a anomalía rexistrada nas temperaturas medias, lixeiramente por riba dos valores agardados, e tamén nas precipitacións, cun 15% máis de chuvia recollida do previsto. Tomando como referencia os valores medios das estacións máis representativas da comunidade durante o período 1981-2010, a principal conclusión é que, entre os meses de xaneiro e decembro, a temperatura media no conxunto da comunidade situouse nos 13,8 graos, é dicir, 0,2 graos máis do esperado.
A Tarxeta Benvida destina máis de 36,2 millóns de euros para que as nenas e nenos nados en 2020 teñan acceso a axudas directas para contribuír a sufragar os custes que trae consigo o chegada dun novo membro á familia. Publicáronse hoxe as bases para a concesión desta axuda, que conta con catro importantes novidades. En primeiro lugar, para as familias que vivan en concellos de menos de 5000 habitantes increméntase un 25% o importe da achega, coa finalidade de apoiar aos fogares con fillos no rural. En segundo lugar, duplícase a cantidade que se percibe polo terceiro fillo e sucesivos durante o primeiro ano, de xeito que recibirán 2400 euros anuais. Esta cantidade elevarase ata os 3000 euros en caso de que vivan nun concello rural.
O comercio electrónico creceu en Galicia no último ano en todos os tramos empresariais. Tanto as empresas de máis de 10 traballadores como as microempresas realizaron vendas online por riba da media estatal en 2019. Tamén no uso das redes sociais o tecido empresarial galego supera a media do conxunto do Estado. Son datos recollidos no informe A Sociedade da Información nas Empresas de Galicia, correspondente ao ano 2019, publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito Amtega. O estudo analiza a transformación dixital das empresas galegas, un total de 200.972, nas que o 96,3% son microempresas, de 0 a 9 traballadores.
A iniciativa relacionada co recoñecemento do ictus, facilitará a detección dos seus síntomas e permitirá aos pacientes recrear situacións reais e experimentar na súa propia pel os síntomas que producen esta enfermidade. Esta ferramenta tamén estará dispoñible para os profesionais sanitarios do Sergas co obxecto de facilitar a súa aprendizaxe na detección do ictus. A ferramenta de adestramento virtual da respiración, axudará aos pacientes que teñen que someterse a tratamentos de radioterapia a reducir o estrés e ansiedade que producen este tipo de probas e a entrenar a respiración que deberán empregar durante o tratamento.
Desde o ano 1995, a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! ( PNO! ) vén desenvolvendo unha innovadora experiencia de comunicación con centros educativos de Galicia e do Norte de Portugal, descubrindo un patrimonio común compartido. Para conmemorar os 25 anos da Asociación, o colectivo convida ás emisoras de radio e ás escolas da Eurorrexión a participaren no maratón radiofónico que terá lugar o vindeiro 27 de marzo. O evento principal deste 25 aniversario da innovadora experiencia de radio interescolar e patrimonio inmaterial vaise transmitir en directo a través do portal Escolas nas Ondas e desde as emisoras de radio participantes, unha das cales estará no campus da Universidade de Vigo.
« Anterior | 3  de  7 | Siguiente »

Archivo

2024 (186)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES