Noticias

Verín acollerá a primeira feira profesional de música entre Galicia e Portugal, MUMI'20

O MUMI, primeiro mercado de música e cultura que se organiza entre os territorios de Galicia e Portugal, está promovido por unha asociación de empresas, profesionais e colectivos do sector a ambas beiras do Miño, co obxectivo de crear unha ponte estable de intercambio musical entre os dous países. Nel daranse cita artistas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas ou empresas de servizos e produción para establecer novas redes de contacto e coñecer propostas diferentes en primeira persoa. A súa programación profesional incluirá actividades de formación sobre cuestións técnicas, xurídicas e de promoción, speedmeetings, showcases cunha selección de artistas e bandas de Galicia e de Portugal, e unha feira sectorial.

A Xunta de Galicia impulsa a posta en marcha do MUMI Verín’20, I Encontro Profesional de Música Galicia-Portugal, que terá lugar nesta localidade ourensá do 12 ao 14 de marzo como unha das iniciativas apoiadas polo programa da Consellería de Cultura e Turismo O teu Xacobeo.

Así o explicou hoxe o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, na presentación desta feira na Casa da Cultura verinesa, na que tamén interviñeron Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Verín; Ana Villarino, deputada de Turismo da Deputación de Ourense, e os dous representantes da organización do MUMI: Manuel Vicente “Roxo”, de Culturactiva SCG, pola banda galega, e José Costa, de Banzé, pola portuguesa.

Sutil sinalou que esta foi unha das 352 iniciativas seleccionadas na primeira convocatoria de O teu Xacobeo, que estende o seu radio de acción a 100 concellos en moi diferentes áreas culturais. Ao tempo, incidiu na importante resposta do sector a este programa, que –debido á gran afluencia de solicitudes– ampliou o seu investimento inicial de 2 millóns a 4,7 millóns de euros en 2019. A esta cifra hai que sumarlles os 3,3 millóns da súa segunda convocatoria, que acaba de pecharse cun milleiro de propostas recibidas.

Respecto do MUMI, sinalou que “encaixa perfectamente co triplo carácter de evento participativo, descentralizado e sustentable dos que a vindeira celebración do Xacobeo 2021 se quere nutrir”. Así mesmo, destacou que esta feira reúne moitos elementos “para ser un éxito non só nesta primeira edición, senón tamén para se converter nun evento necesario e continuo no tempo, tanto polo xeito no que está deseñado e polos apoios institucionais e sectoriais que está a concitar, como pola experiencia e valía do equipo que está na organización”.

Ponte estable de intercambio musical

O MUMI, primeiro mercado de música e cultura que se organiza entre os territorios de Galicia e Portugal, está promovido por unha asociación de empresas, profesionais e colectivos do sector a ambas beiras do Miño, co obxectivo de crear unha ponte estable de intercambio musical entre os dous países.

Nel daranse cita artistas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas ou empresas de servizos e produción para establecer novas redes de contacto e coñecer propostas diferentes en primeira persoa. A súa programación profesional incluirá actividades de formación sobre cuestións técnicas, xurídicas e de promoción, speedmeetings, showcases cunha selección de artistas e bandas de Galicia e de Portugal, e unha feira sectorial.

O Camiño e o Xacobeo 2021

Neste apartado, o Camiño de Santiago e o Xacobeo 2021 serán abordados especificamente como grandes xeradores de oportunidades para o sector, aproveitando o seu patrimonio cultural e natural.

A programación abrirase, así mesmo, ao público xeral cunha serie de concertos, a través dos que se ofrecerá unha selección de diversos estilos e formatos que mesturará os novos valores e as figuras xa consagradas en espectáculos multidisciplinares, tanto para o público familiar como para o adulto.

A organización anunciou hoxe que xa está aberto o prazo de presentación de propostas artísticas para participar no MUMI Verín’20, que poden achegarse ata o 11 de febreiro a través da web mumimusicas.eu.

R., 2020-01-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES