
As escolas participarán realizando tanto programas en directo como gravados, onde traten diferentes temáticas relacionadas co patrimonio inmaterial galego-portugués. Moitas delas tamén acudirán ao estudo de radio instalado no campus da Universidade de Vigo para facer dende alí as súas intervencións en directo que serán emitidos por UVIGO TV. Outros centros elaborarán os seus programas en audio e/ou vídeo para seren emitidos o 27 de marzo en directo desde as súas propias escolas ou a través das webs de PNO! Ademais, os centros educativos que o desexen poden organizar no seu concello ou comarca calquera acto que visibilice o labor da radio e o patrimonio realizado por Ponte
nas ondas! ao longo destes 25 anos ou colaborar con emisoras locais para divulgar o evento.
Colaboracións
Coa xornada do aniversario van colaborar artistas e xornalistas de radio que ao longo destes anos viñeron achegando o seu apoio á experiencia, para iso están previstas conexións con emisoras de España e Portugal.
Día Mundial da Radio: A diversidade
PNO! convida tamén ás escolas a sumárense á celebración do Día Mundial da Radio que a UNESCO promove en todo mundo cada 13 de febreiro.
A temática proposta pola UNESCO en 2020 é a DIVERSIDADE en todas as súas manifestacións: diversidade cultural, diversidade de xénero, diversidade de idades, nacionalidades, etc. Ponte
nas ondas!, como experiencia de radio interescolar multimedia, propón ás escolas que expresen a súa diversidade empregando todas as posibilidades que ofrece a radio en todos os seus xéneros xornalísticos ( entrevistas, reportaxes, opinións, etc. ), formatos ( audios, podcasts, vídeos, etc. ) e transmisións ( FM, radio online, redes sociais ).
Outros eventos de celebración do 25 Aniversario de Ponte
nas ondas!
Ao longo de 2020 Ponte...nas ondas! realizará outras actividades, como unha nova edición do certame de recolla As imaxes do Patrimonio, convocatoria xa aberta ás escolas deica o mes de xuño. Tamén está xa aberta a segunda edición do Certame de Podcasts en galego Xosé Mosquera Pérez O vello dos contos. Ademais, o 15 de maio realizarse unha xornada galego-portuguesa de xogos tradicionais.
Cara ao final deste ano de aniversario da pioneira ponte interescolar transfronteiriza, a asociación celebrará o Día Internacional do Patrimonio, con diversas actividades co patrimonio inmaterial galego-portugués como eixo central. Unha Mostra da Oralidade galego-portuguesa realizarase en Vigo no mes de novembro.
Ademais, durante todo o ano, os centros educativos acollen obradoiros de radio organizados por PNO! que vén dinamizando a radio escolar como unha ferramenta pedagóxica que desenvolve as competencias do alumnado.
Vintecinco anos de traballo en prol do patrimonio
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte
Nas Ondas!, organizadora do certame, acumula un amplo traballo na divulgación do patrimonio inmaterial galego-portugués. Desde 2016, a UNESCO ten acreditada a Ponte... Nas Ondas! como ONG consultora para o patrimonio inmaterial.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.